A OPIC DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON A DISPOSICIÓN DOS AFECTADOS POR OBRIGAS SUBORDINADAS A DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA ASESORAR E TRAMITAR AS SÚAS RECLAMACIÓNS ASÍ COMO PARA SOLICITAR O PROCEDEMENTO DE ARBITRAXE DE CONSUMO. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de octubre de 2012

A OPIC DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON A DISPOSICIÓN DOS AFECTADOS POR OBRIGAS SUBORDINADAS A DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA ASESORAR E TRAMITAR AS SÚAS RECLAMACIÓNS ASÍ COMO PARA SOLICITAR O PROCEDEMENTO DE ARBITRAXE DE CONSUMO.



Xa están adisposición dos consumidores afectados por Obrigas Subordinadas modelosespecíficos de follas reclamación así como de solicitudes específicas dearbitraxe. A OPIC da Deputación de Pontevedra leva tramitadas 237 solicitudesde arbitraxe por participacións preferentes e obrigas subordinadas.
A Oficina Provincial deInformación ó Consumidor (OPIC) DA Deputación de Pontevedra é desde o pasadomes de marzo, punto de referencia acreditado polo Instituto Galego de Consumopara o asesoramento e tramitación das reclamacións das persoas afectadas polasparticipacións preferentes e obrigas subordinadas.
Xa están taménna OPIC a disposición dos afectados modelos específicos de follas dereclamacións e solicitudes de arbitraxe para os casos daquelas persoas queteñan contratadas Obrigas Subordinadas.
Desde a Oficina Provincial deInformación ó Consumidor recórdase ás persoas afectadas por estes produtosfinanceiros que a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Consumo tenposto a disposición de tódolos/as afectados/as unha ferramenta rápida, áxil egratuíta para acadar unha solución á súa situación: a arbitraxe de consumo.
·       A arbitraxe évoluntaria, non ten custes e é máis rápida que a vía xudicial.
·       Na arbitraxeintervén un árbitro imparcial e independente designado pola Xunta Arbitral deConsumo de Galicia.
·       Unha vezaceptada a arbitraxe polas partes o arbitro analiza o caso, celebra a vista editamina o laudo arbitral que é de obrigado cumprimento e ten o mesmo valor queunha sentenza xudicial.
·       Por medio destaarbitraxe voluntaria, o afectado ten a posibilidade de recuperar de maneirainmediata os seus aforros.
·       Non se podeoptar á arbitraxe se xa ten aberta a vía xudicial.
·       Así mesmo, olaudo arbitral pecha a porta á posibilidade da vía xudicial.
As persoas que o desexen poderánacudir a informarse a esta oficina, situada no Edificio Administrativo daDeputación, aberta ó público de luns a venres de 9.00 a 14.00 h., epresentar  a súa reclamación comoafectado por participacións preferentes ou por obrigas subordinadas.
Dende comezos do ano 2012 a OPIC da Deputación de Pontevedra tenatendido un total de 685 reclamacións econsultas formuladas por persoas afectadas por participacións preferentes eobrigas subordinadas.
-  No que vai de ano rexístranse na OPIC da Deputación dePontevedra 389 consultas sobreparticipacións preferentes e 50 consultas sobre obrigas subordinadas.Asesorase ós consumidores para reclamar ó servizo de atención ó cliente esolicitar a documentación necesaria á entidade como paso previo para presentarna OPIC a súa reclamación.
 - No que vai deano recolléronse na OPIC da Deputación de Pontevedra un total de 223 reclamacións por participaciónspreferentes  e 23 por obrigassubordinadas.
 Desde a OPIC se tramitan asreclamacións seguindo o protocolo de actuación aprobado polo Instituto Galegode Consumo. As técnicos da OPIC asesoran e asisten ós cidadáns que querenpresentar unha reclamación en Consumo para que previamente reúnan toda adocumentación relativa á contratación deste produto e reclamen ó servizo deatención ó cliente da entidade. Realizado este trámite, preséntase areclamación de Consumo na oficina, que a remite ó IGC para a súa tramitación através de arbitraxe 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario