A CORUÑA E VIGO ACOLLEN A CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE “IMPOSIBLE SEN TI” IMPULSADA POR CELTA E DEPORTIVO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 24 de marzo de 2016

A CORUÑA E VIGO ACOLLEN A CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE “IMPOSIBLE SEN TI” IMPULSADA POR CELTA E DEPORTIVO



  • Os dous equipos galegos da máxima categoría do fútbol nacional agasallarán coa camiseta do derbi e a pulseira do seu equipo as persoas que acudan a doar ás unidades móbiles no estadio de Balaídos e Riazor

O RC Celta de Vigo e o RC Deportivo da Coruña en colaboración coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que integrou recentemente ao Centro de Transfusión de Galicia, comezan hoxe a campaña especial de doazón de sangue “Imposible sen ti”. A iniciativa quere promover este acto solidario nas datas anteriores e posteriores á Semana Santa, período de especial dificultade para acadar unha participación axeitada.

Mediante a campaña “Imposible sen ti”, Celta e Depor salientan o seu carácter solidario e amosan como, ás portas do esperado derbi do vindeiro 3 de abril, a rivalidade deportiva non é obstáculo para desenvolver iniciativas conxuntas cun obxectivo común: acadar 500 doazóns diarias para poder atender aos doentes ingresados nos hospitais galegos.

Agasallo aos participantes
Todas as persoas que acudan a doar este mércores 23 de marzo ata as unidades móbiles ubicadas na explanada do Pazo do Deportes de Riazor e no Estadio de Balaídos, así como na zona Calvario (rúa Urzaiz, diante do mercado), das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21.00 horas, recibirán un vale para recoller a camiseta do derbi na Depor Tienda ou na tenda da Celta.

Así mesmo, tamén poderán subir aos autobuses dos seus equipos que estarán ao carón das unidades móbiles de doazón de sangue e recoller unha pulseira obsequio de cada clube.

Vindeira semana
“Imposible sen ti” é unha campaña que comeza hoxe e que terá continuidade na vindeira semana cunha vintena de desprazamentos das unidades móbiles de doazón de sangue, ata distintas zonas das cidades da Coruña e Vigo, así como concellos limítrofes para tentar facilitar a doazón a todas as persoas que queiran participar.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos quere amosar o seu sincero agradecemento ás directivas, corpo técnico e xogadores do Celta e do Depor pola súa colaboración nesta iniciativa solidaria. Tamén, facer extensivo este agradecemento a todos os cidadáns que, todos os días, doan sangue para que moitos enfermos podan solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar vidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario