A PRIMEIRA XORNADA DA CAMPAÑA “IMPOSIBLE SEN TI” IMPULSADA POLO CELTA DE VIGO E O DEPORTIVO DA CORUÑA ACADA UN TOTAL DE 492 DOAZÓNS DE SANGUE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 28 de marzo de 2016

A PRIMEIRA XORNADA DA CAMPAÑA “IMPOSIBLE SEN TI” IMPULSADA POLO CELTA DE VIGO E O DEPORTIVO DA CORUÑA ACADA UN TOTAL DE 492 DOAZÓNS DE SANGUE



  • A iniciativa promovida polos dous equipos galegos da máxima categoría do fútbol nacional e a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos continuará desenvolvéndose esta semana

A  campaña especial de doazón de sangue “Imposible sen ti” impulsada polo RC Celta de Vigo e o RC Deportivo da Coruña en colaboración co Centro de Transfusión de Galicia (CTG)-Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que principiou o pasado mércores 23 de marzo, obtivo un total de 492 doazóns de sangue. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos quere amosar o seu sincero agradecemento ao Celta e ao Deportivo pola súa xenerosa e solidaria colaboración e, por suposto, a todas as persoas que teñen doado sangue.

As unidades móbiles desprazadas na cidade da Coruña, nas inmediacións do Pazo do Deportes de Riazor e o punto fixo de doazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), acadaron un total de 220 doazóns, das cales 22 % (49 doazóns) correspondíanse con cidadáns que efectuaban por primeira vez unha doazón. Pola súa banda, as unidades de doazón de sangue desprazadas ata o Estadio de Balaídos e o vigués Barrio de Calvario, así como o punto fixo de doazón ubicado no Hospital Nicolás Peña, obtiveron 272 doazóns, das que o 13% (35 doazóns) eran de persoas que doaban por vez primeira.

Aumentar a participación
A iniciativa impulsada polo Celta e polo Deportivo quere promover este acto solidario nas datas anteriores e posteriores á Semana Santa, período de especial dificultade para acadar unha participación axeitada. Ademais, ambos equipos agasallan a todas as persoas que acudan a doar no transcurso dos desprazamentos previstos nesta campaña cunha camiseta conmemorativa.

Mediante a campaña “Imposible sen ti”, Celta e Depor salientan o seu carácter solidario e amosan como, ás portas do esperado derbi do vindeiro 3 de abril, a rivalidade deportiva non é obstáculo para desenvolver iniciativas conxuntas cun obxectivo común: acadar 500 doazóns diarias para poder atender aos doentes ingresados nos hospitais galegos.

Próximos desprazamentos
“Imposible sen ti” é unha campaña que comezou o pasado día 23, pero que terá continuidade a presente semana, cunha vintena de desprazamentos das unidades móbiles de doazón de sangue, ata distintas zonas das cidades da Coruña e Vigo, así como concellos limítrofes para tentar facilitar a doazón a todas as persoas que queiran participar.

Deste xeito, os desprazamentos previstos nesta campaña para a presente semana son os seguintes:

LUNS 28 MARZO
A CORUÑA. No Obelisco. Das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas
VIMIANZO. Diante do concello. Das 16.30 ás 21.00 horas
VIGO. Na rúa Barcelona (diante do Cuartel da Garda Civil). Das 15.30 ás 21.00 horas
BAIONA. Na rúa Jesús Valverde (na entrada do Parador). Das 16.00 ás 21.00 horas

MARTES 29 MARZO
A CORUÑA. Diante de Nuevos Ministerios (Elviña). Das 9.30 ás 14.30 horas
A CORUÑA. En Matogrande (r/ Martínez Risco diante da farmacia). Das 15.30 ás 21.00 horas
A CORUÑA. Na praza das Conchiñas. Das 15.30 ás 21.00 horas
VIGO. En Teis (Sanxurxo Badía nº 200). Das 15.30 ás 21.00 horas
VIGO. A carón da farola da rúa Príncipe. Das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas

MÉRCORES 30 MARZO
A CORUÑA. No Castrillón (praza Pablo Iglesias). Das 15.30 ás 21.00 horas
A CORUÑA. Diante da Facultade de Informática. Das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas
VIGO. As Travesas, Pza. America entre Av.Fragoso e Av.Castrelos. Das 15.30 ás 21.00 horas
REDONDELA. Diante do Concello. Das 10 ás 14.00 e 16.00 ás 21.00 horas

XOVES 31 MARZO
A CORUÑA. Na rúa Juan Flórez nº 58. Das 15.30 ás 21.00 horas
A CORUÑA. Diante da Facultade de Informática. Das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas
VIGO. As Travesas, Pza. America entre Av.Fragoso e Av.Castrelos. Das 15.30 ás 21.00 horas
REDONDELA. Diante do Concello. Das 10 ás 14.00 e 16.00 ás 21.00 horas

VENRES 1 ABRIL
A CORUÑA. Na zona dos Mallos (Ronda de Outeiro). Das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas
ARTEIXO. Na entrada da rúa peonil. Das 15.30 ás 21.00 horas
VIGO. Na zona do Calvario, na rúa Urzaiz. Das 9.30 ás 14.30 e15.30 ás 21.00 horas
MOAÑA. Diante do Centro de Saúde. Das 16.00 ás 21.00 horas

SÁBADO 2 ABRIL
ARTEIXO. Na entrada da rúa peonil. Das 10.00 ás 15.00 horas
MOAÑA. Diante do Centro de Saúde. Das 10.00 ás 15.00 horas

Ademais, tamén é posible acudir a doar ata as salas de doazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e do Hospital Nicolás Peña de Vigo, ambos en horario das 08:00 ás 22:00 horas e os sábado das 8:00 ás 15:00 horas.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos reitera o seu recoñecemento ás directivas, corpo técnico e xogadores do Celta e do Deportivo pola súa colaboración nesta iniciativa solidaria. Tamén, facer extensivo este agradecemento a todos os cidadáns que, todos os días, doan sangue para que moitos enfermos podan solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario