A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFERTA UNHA TRINTENA DE ACCIÓNS FORMATIVAS A PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 30 de marzo de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFERTA UNHA TRINTENA DE ACCIÓNS FORMATIVAS A PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DA PROVINCIA





Beneficiaranse da formación persoal da Deputación de Pontevedra e de 61 entidades locais

A Deputación de Pontevedra publicou as bases do plan de formación correspondente ó primeiro semestre de 2016. En concreto, trátanse dunha trintena de accións formativas que estarán destinadas a persoal da administración local, ben sexa da propia institución provincial ou dos 61 concellos, mancomunidades, organismos autónomos locais adheridos ó plan de formación da Deputación. Entre estas entidades locais atópanse os concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa; as Mancomunidades do Salnés e Val Miñor e o Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo.

En total, a institución provincial propón unha trintena de accións formativas  que versan sobre os procesos de elaboración de distintos tipos de té, aceite de camelia, códigos de catalogación, camións pluma, descrición arquivística ATOM, Autocad Civl 3D, prevención de riscos en laboratorio de análises, igualdade e xénero, lexislación (Lei 39/2015, Lei 40/2015, Lei 2/2015, Real Decreto Lexislativo 5/2015), xestión e recadación voluntaria, violencia xuvenil, traballo en equipo, protocolo, Photoshop, sinatura electrónica, expediente electrónico, alérxenos, Excel, administración electrónica, coaching, elaboración de nóminas ou lingua galega en documentos administrativos.

As persoas pertencentes ós entes integrados no plan de formación da Deputación de Pontevedra interesadas en participar nalgunha destas accións formativas deberán presentar a solicitude e documentación acreditativa antes do 1 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario