A XUNTA REALIZARÁ A VINDEIRA SEMANA XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN SETE CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 7 de marzo de 2016

A XUNTA REALIZARÁ A VINDEIRA SEMANA XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN SETE CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



As reunións da vindeira semana celebraranse nos municipios de Tui, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra e Barro

§         A ARI dos Camiños de Santiago dispón en 2016 de 3,2 millóns de euros para axudas
§         Poden beneficiarse as vivendas de preto de 500 parroquias emprazadas en 107 concellos

A Xunta continuará a vindeira semana coas xornadas informativas sobre axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago, concretamente organizaranse reunións nos concellos pontevedreses de Tui, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra e Barro.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago conta en 2016 cun orzamento total de 3,2 millóns de euros para actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas. Comprende as sete rutas do Camiño de Santiago en Galicia, incluíndo 107 concellos e preto de 500 parroquias.

Dadas as especias características de dispersión xeográfica desta Área de Rehabilitación Integral, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) levará a cabo charlas informativas na totalidade dos concellos incluídas na mesma, dirixidas aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, incluído no Plan RehaVIta, plan galego de rehabilitación, aluguer e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha subvención do 35 por cento do orzamento protexible, cantidade que será dun máximo de 11.000 euros por vivenda.

Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño.

Consideraranse actuacións protexibles a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, edificios de vivendas e vivendas unifamiliares a fin adecualas á normativa vixente. Máis detalles sobre obras subvencionables en http://www.igvs.es/web/actuamos/858

Dende comezos de febreiro estanse a realizar charlas informativas nos concellos incluídos nas distintas rutas do Camiño. Na semana do 8 ao 11 de marzo, as charlas realizáranse nos seguintes concellos:




DÍA
17 horas
Lugar
20 horas
Lugar
8 marzo
Tui
Sala Félix.Travesía área panorámica


9 marzo
Mos
Pazo de Mos
Redondela
Casa da Cultura
10 marzo
Soutomaior
Edificio multiusos
Vilaboa
Local social Figueirido (Ornela)
11 marzo
Pontevedra
Seminario Nº 3 do Pazo da Cultura
Barro
Casa do Concello

No hay comentarios:

Publicar un comentario