Unión Fenosa comprométese co alcalde a solucionar os problemas
co suministro eléctrico en Barro. Foi nunha reunión que tivo lugar este
lunes no Concello entre o Delegado Provincial de Distribución de Unión
Fenosa, o Xefe Provincial de Mantemento das Liñas e o Alcalde, Xosé
Manuel Fernández Abraldes, para analizar os problemas de suministro eléctrico que levan meses padecendo os veciños do municipio.
Segundo trasladaron dende o goberno local, os representantes da empresa comprometéronse a buscar unha solución o máis axiña posible.
Informaron que o corte producido o luns 29 foi debido a unha avería no Centro de Reparto de Liñas existente en Porráns, e agardan que as pezas danadas estean reparadas de forma definitiva nun prazo de 15 días.
Coa reparación dese Centro de Reparto teñen a previsión de que non se volvan a producir moitos dos cortes puntuais que se estaban padecendo.
O Alcalde solicitoulles tamén que sexan comunicados con antelación todos os cortes que este previsto realizar, tanto para a reparación de averías como actuacións previstas ao longo do 2016 para adaptar os transformadores ao control de consumos por telexestión que prevén facer polo cambio de contadores.
Desta maneira os veciños estarían avisados deses cortes de suministro para que as molestias que se produzan sexan as menores posibles.
http://pontevedraviva.com/xeral/26458/union-fenosa-compromete-solucionar-problemas-suministro-electrico-barro/
Segundo trasladaron dende o goberno local, os representantes da empresa comprometéronse a buscar unha solución o máis axiña posible.
Informaron que o corte producido o luns 29 foi debido a unha avería no Centro de Reparto de Liñas existente en Porráns, e agardan que as pezas danadas estean reparadas de forma definitiva nun prazo de 15 días.
Coa reparación dese Centro de Reparto teñen a previsión de que non se volvan a producir moitos dos cortes puntuais que se estaban padecendo.
O Alcalde solicitoulles tamén que sexan comunicados con antelación todos os cortes que este previsto realizar, tanto para a reparación de averías como actuacións previstas ao longo do 2016 para adaptar os transformadores ao control de consumos por telexestión que prevén facer polo cambio de contadores.
Desta maneira os veciños estarían avisados deses cortes de suministro para que as molestias que se produzan sexan as menores posibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario