AREEIRO ADVIRTE DA POSIBILIDADE DE INICIAR O TRATAMENTO CONTRA A EXCORIOSE NOS VIÑEDOS CON BROTES DE FOLLA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 30 de marzo de 2016

AREEIRO ADVIRTE DA POSIBILIDADE DE INICIAR O TRATAMENTO CONTRA A EXCORIOSE NOS VIÑEDOS CON BROTES DE FOLLA



Os técnicos da Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación sinalan que aínda hai que agardar para comezar a loita contra o Mildiu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosanitario no que alerta da detección de excoriose e de maduración da forma de conservación do fungo do Mildiu nos viñedos da comarca. Os técnicos sinalan que, se ben é posible iniciar os tratamentos para a primeira patoloxía, débese agardar para iniciar a loita contra o Mildiu. 

A técnico Rosa Pérez explica que o tratamento fronte á excoriose é o único que con carácter xeral se recomenda ao inicio de campaña, aínda que sinala que é en torno ao estado fenolóxico D (coa saída das follas incipientes) cando resulta máis eficaz. Neste sentido, e debido á irregularidade na brotación incluso dentro da mesma finca, advírtese de que a intervención “debe realizarse cando alomenos haxa un 50% de brotes en emerxencia de folla” na viña.

En canto ao Mildiu, no día de onte verificouse a maduración da oospora (forma de conservación invernal do fungo) nos viñedos das comarcas da provincia de Pontevedra que se utilizan por parte de Areeiro para a detección de patóxenos. Pérez subliña que “este momento significa que se iniciou o ciclo, que é o punto de partida dun novo ciclo”, pero “non supón que haxa que iniciar xa os tratamentos”.  De feito, destaca que se están a detectar “importantes diferencias de brotación entre zonas e parcelas ou incluso prantas da mesma parcela”, pero que na maior parte dos casos as fincas presentan só unha brotación incipiente que non é suficiente para iniciar as intervencións.  

(As imaxes dos diferentes síntomas de estas patoloxías poden descargarse da páxina www.areeiro.es citando a súa procedencia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario