§
O consello de administración da sociedade pública aprobou hoxe as
contas da mesma
§
Entre 2014 e 2015 reduciuse a débeda en 45,2 millóns de euros e en
2016 reducirase noutros 11,3 millóns
§
Ademais conseguiuse un aforro en xuros de 14 millóns de euros
O plan de
saneamento da empresa pública Xestur comeza a dar froitos, coa redución no 31
por cento da súa débeda financeira nos tres primeiros anos dende a fusión das
antigas catro empresas provinciais.
O consello
de administración de Xestur aprobou hoxe as contas da sociedade, destacando que
entre 2014 e 2015 a débeda financeira da mesma se reduciu en 45,2 millóns de
euros (25% por cento) e aprobouse que en 2016 se amorticen outros 11,3 millóns.
Desta
maneira, dende a fusión das antigas catro Xestur en
decembro de 2013 terase reducido a débeda financeira da empresa en 56 millóns
de euros, o que supón un 31 por cento da débeda bancaria inicial. Cabe
salientar que a débeda de Xestur procede das actuacións realizadas pola empresa
no período 2005-2009, xa que en 2005, antes do cambio de goberno, as empresas
provinciais estaban saneadas, mentres que en 2009, no novo cambio de goberno, a
débeda financeira contraída dende 2005 colocábaas ao borde da quebra.
Ademais de
reducir a débeda financeira, en novembro de 2015 Xestur formalizou un préstamo
con Abanca que permitiu cancelar o préstamo sindicado asinado anteriormente con
dez entidades financeiras. O préstamo formalizado en novembro pasado recolle
unhas condicións moi favorables para Xestur e suporá un aforro de 14 millóns en
xuros.
Por outra
parte, no marco do mesmo plan de saneamento, entre 2014 e 2015 Xestur pagou
expropiacións pendentes da etapa 2005-209 por importe de 13 millóns de euros.
Cabe
salientar a vendas de solo empresarial acadadas en 2015 grazas á política de
bonificación de prezos seguida pola empresa pública. O ano pasado Xestur
adxudicou un total de 183 parcelas de solo empresarial da súa propiedade, cunha
superficie total de 416.659,08 metros cuadrados por valor de preto de 18,5
millóns de euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario