A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COMENZA O NOVO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA” PARA A TERCEIRA IDADE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 11 de marzo de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COMENZA O NOVO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA” PARA A TERCEIRA IDADE



A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a licitación do novo proxecto “Depo en marcha” de envellecemento activo destinado as persoas da terceira idade da provincia que foi aprobado pola Xunta de Goberno.
Co novo programa de “Depo en marcha” vaise a ofertar as entidades  da provincia que traballan coa terceira idade e aquelas que traballan no eido dos maiores un catálogo de 29 obradoiros  recollidos en oito bloques temáticos.
Segundo subliñou Carmela Silva, estes bloques serán “Traballando coas mans” que inclúe obradoiros  de  cestería, pintado de teas, reciclaxe ou arte con flores . “Entre fogóns”: oferta obradoiros de cociña galega, elaboración de conservas, licores, padearía, repostería,  tapiñas e petiscos. “Aprendendo da natureza”: vai contar con dous obradoiros de plantas medicinais, e de poda e tarefas de  campo. “Móvete” oferta cursos de pilates, ioga, taichí, ximnasia de mantemento e zumba. “Activando corpo e mente” contará con cursos de conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e o estrés. “Enredando”   inclúe obradoiros de xogos tradicionais, teatro e fotografía. “Dálle Marcha” contará con bailes de salón, pandeireta e canto popular. E por último, “En rede” ofertará tres obradoiros sobre internet e o correo electrónico, iniciación a informática e un de informática avanzado.
A Presidenta informou tamén da posta en marcha, de xeito inmediato, doutro proxecto  denominado “Tecendo lazos” no que se pretende que as persoas maiores podan transmitir as súas experiencias aos máis cativos.
“Son proxectos que poñemos en marcha en colaboración coas asociación e entidades que traballan cos maiores e cos concellos que queremos que aporten algo máis que simplemente levalos de excursión  pola provincia”, subliñou Carmela Silva.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario