A AXENCIA GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR DE CARA AOS FESTIVOS DE SEMANA SANTA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 21 de marzo de 2016

A AXENCIA GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR DE CARA AOS FESTIVOS DE SEMANA SANTA




  • No transcurso das xornadas previas aos festivos, as unidades móbiles de doazón de sangue visitan ao redor de corenta concellos galegos para conquerir a colaboración dos cidadáns

Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG)-Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. As dez unidades móbiles de doazón visitarán nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa, ao redor de 40 concellos galegos para acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional, xa que se incrementan as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico e é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Doazóns diarias
Durante a campaña de doazón en Semana Santa do presente ano, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos tenta acadar unhas 3.000 doazóns de sangue, cifra que permitirá desenvolver unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, atender 3.000 urxencias e realizan 3 trasplantes de órganos e tecidos.

Neste intre, o chamamento a participación é xeneralizado e precísanse doazóns de todo os grupos sanguíneos, con mención especial aos grupos A Positivo e Cero Positivo, xa que 3 de cada 4 galegos se corresponden con un destes grupos sanguíneos. O Centro de Transfusión agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Venres 18 de marzo
As Somozas, Baio (Zas), Telefónica-Montiño (A Coruña), Boiro, Trazo, Padrón, Sarria, Celanova, Cambados e Tui
Sábado  19 de marzo
Baiñas (Vimianzo), Boiro, Sarria, Cambados e Tui
Luns 21 de marzo
Neda, Cee, Carral, Bertamiráns (Ames), Celeiro (Viveiro), O Vicedo, Cenlle, San Amaro, Illa de Arousa, O Rosal, Portas e Vilalonga (Sanxenxo).
Martes 22 de marzo
A Laracha, Fene, Ponteceso, Tordoia, Guitiriz, Cartelle, Toén, Chapela (Redondela), A Estrada e Salceda de Caselas.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.


LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula osea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición dos cidadáns a web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario