A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA SÚMASE Á CAMPAÑA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 25 de noviembre de 2018

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA SÚMASE Á CAMPAÑA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




A Delegación da Xunta en Pontevedra súmase á campaña institucional para o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. A fachada da sede institucional na cidade do Lérez loce desde onte o lema da presente edición, unha mensaxe clara e directa que reza “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado da secretaria territorial, Ana Ortiz, así como do xefa territorial de Presidencia, Marta Mariño, participaron esta mañá na presentación da campaña na sede autonómica en Campolongo.

A Administración dille así NON a todas a formas de violencia de xénero que están recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e que se recollen no seu artigo 3: Violencia física, Violencia psicolóxica, Violencia económica, Violencia sexual e abusos sexuais, Acoso sexual, e a  trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

A campaña rematará o próximo 25 de novembro, data na que terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da andaina “Camiño ao respecto”, que sairá   dende o Monte do Gozo ás 10:30 horas ata a Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra da violencia de xénero, aproximadamente ás 12:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario