URXENTE!!!! COMPARTIR!!!! A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS A NEGATIVO E CERO POSITIVO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 7 de noviembre de 2018

URXENTE!!!! COMPARTIR!!!! A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS A NEGATIVO E CERO POSITIVO




§  Diariamente, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial
     
 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos sanguíneos A Negativo e Cero Positivo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

A dirección da Axencia convida ás galegas e galegos a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísase aumentar o número de doazón dos grupos A Negativo e Cero Positivo, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doadores e doadoras.

Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Martes 6 de novembro
F. Informática e Telefónica-Montiño (A Coruña), Bº Esteiro (Ferrol), Pull & Bear Loxística SA e Indipunt, Negreira, F. Física e F. Óptica (Santiago),  IES Muralla Romana e Zona A Piringalla (Lugo), F. Ciencias e ETS Enx. Informática (Ourense), Marín e ETS Telecomunicacións e Rúa Príncipe (Vigo)
Mércores 7 de xullo
As Pontes, INSS e F. Informática (A Coruña), Lousame, F. Bioloxía e F. Matemáticas (Santiago), F. Veterinaria (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Cangas do Morrazo, F.Ccas. Educación e do Deporte (Pontevedra) e ETS Telecomunicacións (Vigo)
Xoves 8 de novembro
F. Informática e F. Filoloxía (A Coruña), CIFP R.Ucha Piñeiro (Ferrol), IES Fontiñas e F. Psicoloxía e Ccas. Educación (Santiago), F. Veterinaria (Lugo), Ribadeo, Orember SA (San Cibrao), Bº O Couto (Ourense), Caldas de Reis, Cangas do Morrazo e Tomiño.
Venres 9 de novembro
El Corte Inglés-Marineda e Deputación, Correos e Porto (A Coruña), Noia, Touro, Ribadeo, Bº O Couto (Ourense), Vilariño de Conso, A Guarda, Goián (Tomiño) e Vilagarcía
Sábado 10 de novembro
Buño (Malpica), Noia, Samos e Triacastela), A Guarda e Vilagarcía
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns de 8:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario