A institución provincial, socia
organizadora do proxecto, inviste máis de 22.000 euros para este curso que
trata a apicultura sostible como fonte de emprego
A
Deputación de Pontevedra, xunto á Deputación de Zaragoza como entidade
colaboradora, organiza desde este mesmo mes “Depoapicultura”, un curso
formativo cuxo obxectivo xeral do proxecto é o de mellorar a empregabilidade no
sector apícola, sobre todo, de aquelas persoas con dificultades de acceso ao
mercado laboral. O proxecto, encadrado na convocatoria “Empleaverde 2018”,
desenvólvese en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e
Zaragoza da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en
traballar no sector ou comezar a súa actividade apícola.
A
través deste curso, para o que a institución provincial inviste 22.159,41
euros, impártense 12 accións formativas, presenciais e mixtas, nas que a
apicultura moderna e sustentable será o eixo central. Con este proxecto
preténdese capacitar ás persoas interesadas para a posta en marcha e mantemento
dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións
produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o
emprego de novas tecnoloxías.
Este
proxecto, que arrancou este mes de novembro, está ultimando a preparación do
contidos dos diferentes módulos para que en febreiro poida dar comeza as clases
que, de maneira presencial, en canto á provincia de Pontevedra, terán lugar en
Vilaboa, Barro e O Rosal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario