UN TOTAL DE 18 EMPRESAS PRESENTAN OFERTAS PARA A EXECUCIÓN DA 2ª FASE DAS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-531, NO LUGAR DA DEVESA, EN PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 18 de noviembre de 2018

UN TOTAL DE 18 EMPRESAS PRESENTAN OFERTAS PARA A EXECUCIÓN DA 2ª FASE DAS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-531, NO LUGAR DA DEVESA, EN PONTEVEDRA




Tamén nesta vía a Xunta ultima a reformulación do proxecto para actuar no treito que descorre polo municipio de Barro, segundo a petición do concello e os veciños


§  Esta actuación supón darlle continuidade ao acordado cos veciños para a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-531 e iniciada coa execución do acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro
§  O obxectivo desta obra é reducir a velocidade de circulación para o que se define a execución dunha glorieta de 44 metros á saída do núcleo da Devesa
§  Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará coa vía principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620
§  En relación á actuación a executar no tramo desta estrada, no Concello de Barro, o novo proxecto estará listo a principios do 2019
  • Con estas actuacións o departamento de Infraestruturas da Xunta segue a impulsar actuacións de mellora da seguridade viaria que redundan na mellora da calidade de vida da cidadanía

Un total de 18 empresas presentan as súas ofertas para a execución da segunda fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada autonómica PO-531 na Devesa, no concello de Pontevedra.
O orzamento estimado desta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, incluíndo as expropiacións dos 52 predios necesarias para a mellora desta estrada que comunica Pontevedra con Vilagarcía, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, rolda os 578.000 euros.
Esta intervención avanza na mellora da seguridade da estrada PO-531 e atende á solicitude realizada por veciños e usuarios da súa contorna, continuación as obras que o departamento de Infraestruturas da Xunta acometeu no 2017, de reordenación e mellora coa execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro.
O obxectivo principal deste nova actuación é acadar a redución da velocidade de circulación e define a execución dunha glorieta de 44 metros de diámetro no punto quilométrico 7+150 da PO-531, situado á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a elevada velocidade actual da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras.
Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará coa vía principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620.
Esta actuación compleméntase coa rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización e das barreiras necesarias.
Proxecto Concello de Barro

Tamén na estrada PO-531 autonómica a Xunta ultima a reformulación do proxecto para actuar no treito que descorre polo municipio de Barro, segundo a petición do concello e os veciños.
Entre as actuacións definidas no novo proxecto, que estará rematado principio do 2019, está prevista a execución dunha glorieta no punto quilométrico 9+020, intersección coa estrada provincial EP-0508. Trátase dunha glorieta esviada porque a estrada conta con edificacións e varios negocios na marxes esquerda; para dar acceso a estas edificacións executarase una vía de servizo nesta marxe. Tamén se executará o paso inferior no punto quilométrico 9+350 e acondicionarán as  paradas de bus existentes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ven traballando ao longo deste ano no desenvolvemento do proxecto da mellora neste tramo da PO-531, que estase a modificar trala elaboración de varias propostas presentadas ao Concello de Barro e os veciños do municipio.
Cómpre lembrar que en marzo de este ano, o departamento de Infraestruturas da Xunta someteu a información pública o proxecto de itinerario peonil e ciclista no treito A Devesa-Bretoña, entre os puntos quilométricos, 6+200 e 10+250. Esta senda definía 2 tramos de itinerarios seleccionados no Plan de sendas da Comarca de Pontedra, unha delas no tramo comprendido entre o punto quilométrico 8+290 e o 10+220, entre Bretoña e Ponte de Curro, no Concello de Barro.
Durante a información pública o Concello de Barro solicitou á Xunta que se desistira da execución da senda prevista no Concello de Barro e se retomara un proxecto anterior, redactado pola Axencia Galega de Infraestruturas no ano 2011, no que estaba prevista a construción dunha glorieta e dun paso inferior nese tramo.
En atención á solicitude municipal, o departamento de Infraestruturas da Xunta contratou en xuño deste ano un novo proxecto de mellora da seguridade viaria, entre os puntos quilométricos 8+850 e 9+400, que propón a execución dunha glorieta no punto quilométrico 8+850 e un paso inferior no punto quilométrico 9+400.
Esta segunda proposta, que se proxectou con solucións semellantes ás do proxecto orixinal de 2011 foi amosada o pasado verán ao concello e aos veciños de Barro, solicitando o rexedor municipal a modificación da situación da glorieta e o desprazamento do paso inferior a un punto próximo con menor pendente.
Estes novos cambios obrigaron o departamento de Infraestruturas a refacer o proxecto practicamente na súa totalidade, encargando nova topografía para ampliar a realizada anteriormente e acometer o trazado da nova glorieta, coa previsión de rematar o mesmo a principios de 2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario