En segundo lugar quedou Rocío Leira Castro
Adolfo Caamaño Vázquez foi declarado gañador do primeiro Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro e dotado con 4.000 euros. En segundo lugar quedou Rocío Leira Castro, que recibirá mil euros.
Adolfo Caamaño, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, conta con varias obras de poesía e narrativa xa publicadas. Colaborador xornalístico, entre outros en La Voz de Galicia, foi cofundador da revista de creación literaria Hidromel e coorganizador do ciclo de conferencias Gallaecia.
Méritos
Adolfo
Caamaño gañou o Premio Vilar Ponte coa obra Matar o heroe. O xurado,
formado por Carlos Nuevo, Bernardo Penabade e Alba Porral destacou a
solidez narrativa da obra tanto da estrutura como da ambientación
espacil cronolóxica e dos personaxes, o seu contido universalista e a
defensa do pacifismo.
Segundo premio
Rocío Leira
Castro quedou segunda coa obra Veleno en Familia, na que o xurado
salientou que representou unha radiografía da sociedade galega actual e
tamén loubou o dinamismo narrativo proporcionado por unha polifonía de
voces corais que ofrecen diferentes interpretacións dunha mesma
realidade, a análise da situación específica das mulleres e a excelente
recompilación de fraseoloxía da linguaxe popular perfectamente
contextualizada.Rocío Leira tamén conta con obra publicada en poesía e narrativa e, coma Adolfo Caamaño, ten gañado numerosos certames literarios nos últimos anos.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2018/11/26/adolfo-caamano-vazquez-gana-primeiro-premio-novela-vilar-ponte/0003_201811X26C8993.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario