§ Diariamente, os hospitais galegos precisan entre
400 e 500 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor
asistencial
A Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e,
moi especialmente, aos grupos sanguíneos A Negativo, Cero Negativo e Cero
Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta
preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón
que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os
hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo
axeitadamente o seu labor asistencial.
A dirección da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue solicita a
activa colaboración das galegas e galegos para continuar amosando a súa
xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísase aumentar o
número de doazón dos grupos A Negativo, Cero Negativo e Cero Positivo, o
chamamento é xeneralizado á participación de todos os doadores e doadoras.
Facilitar a
participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda,
novamente, contar coa participación dos doadores e doadoras, a pesar de que as
inclemencias meteorolóxicas das últimas xornadas semellan non estar facilitando
a participación dos cidadáns. Non obstante, lembra que todos os días, unha
decena de unidades móbiles achéganse a distintos puntos da xeografía galega.
Deste xeito, ata finais da presente semana, as unidades móbiles de ADOS estarán
en máis de vinte concellos, efectuando as seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Xoves 8 de novembro
|
F. Informática e F. Filoloxía (A Coruña), CIFP R.Ucha
Piñeiro (Ferrol), IES Fontiñas e F. Psicoloxía e Ccas. Educación (Santiago),
F. Veterinaria (Lugo), Ribadeo, Orember SA (San Cibrao), Bº O Couto
(Ourense), Caldas de Reis, Cangas do Morrazo e Tomiño.
|
Venres 9 de novembro
|
El Corte Inglés-Marineda e Deputación, Correos e Porto
(A Coruña), Noia, Touro, Ribadeo, Bº O Couto (Ourense), Vilariño de Conso, A
Guarda, Goián (Tomiño) e Vilagarcía
|
Sábado 10 de novembro
|
Buño (Malpica), Noia, Samos e Triacastela, A Guarda e
Vilagarcía
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos
locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
(Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A
Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns de 8:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi
sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que
pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades
transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un
acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e,
mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal,
ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono
gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou
coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
No hay comentarios:
Publicar un comentario