A TARXETA XENTE NOVA COMEZARÁ A EMITIRSE HOXE NOS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA, ONDE OS MENORES DE 21 ANOS PODERÁN EMPREGALA DESDE O VINDEIRO 15 DE XUÑO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 11 de junio de 2020

A TARXETA XENTE NOVA COMEZARÁ A EMITIRSE HOXE NOS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA, ONDE OS MENORES DE 21 ANOS PODERÁN EMPREGALA DESDE O VINDEIRO 15 DE XUÑO






A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, abordou a implantación do novo dispositivo nunha reunión de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo


§  Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta
§  Para conseguir a tarxeta é necesario solicitar cita previa nunha das oficinas de Abanca habilitadas e os menores de idade deben acudir acompañados dun proxenitor
§  As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, simplemente deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e posteriormente irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas
§  Con esta medida foméntase entre os mozos a mobilidade sostible, segura e de pago sen contacto

A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá en 13 concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do 15 de xuño, o que lles permitirá realizar viaxes gratis no transporte público dependente da Xunta.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para abordar a implantación deste novo dispositivo neste municipio e noutros doce concellos da área de Pontevedra (Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Sanxenxo, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama). A tarxeta Xente Nova tamén se implantará, de xeito paralelo, en toda a provincia de Ourense.
Segundo lle comunicou a conselleira á alcaldesa, o comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma. Reactívase agora que a situación sanitaria o permite, de forma coherente coa paulatina recuperación do transporte público.
Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, formándose no uso dunha mobilidade sostible e segura, de pago sen contactos. A partir de mañá, día 10 de xuño, 3 oficinas de Abanca habilitadas do concello de Marín comezarán a emitir as tarxetas, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do día 15.
Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina, algo especialmente importante na situación actual, con restricións de aforo nas entidades motivada pola covid-19. Os menores de idade deberán ir acompañados dun dos seus proxenitores.

As tarxetas funcionan a modo de tarxeta monedeiro e non precisan ter unha conta asociada. Deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos poderán empregar a Tarxeta de Transporte TMG. Tamén se pode solicitar desde mañá nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño.

Listado de oficinas da área de Pontevedra nas que se pode solicitar a tarxeta Xente Nova e TMG.

Pontevedra
CONCELLO
CÓD. OF.
NOME OFICINA
DIRECCIÓN
PONTEVEDRA
3525
C. MICHELENA (oficina rápida)
Rúa Michelena, 30
PONTEVEDRA
570
EDUARDO PONDAL
Rúa Eduardo Pondal, 66
PONTEVEDRA
5138
VALENTÍN GARCIA ESCUDERO
Praza Valentín García Escudero, 4
PONTEVEDRA
5140
GARCIA CAMBA
Rúa García Camba, 2
PONTEVEDRA
5143
LOUREIRO CRESPO
Rúa Loureiro Crespo, 18
PONTEVEDRA
5154
J. BAUTISTA ANDRADE
Rúa JB Andrade, 50
PONTEVEDRA
5401
OFICINA PRINCIPAL
Rúa Augusto Sánchez, esq. San José, 4
PONTEVEDRA
5403
JOSE MALVAR
Rúa José Malvar, 4
PONTEVEDRA
5407
HERREROS
Rúa Herreros, 4
PONTEVEDRA
5409
PONTEBOLERA
Avda. Vigo, 18
PONTEVEDRA
5480
BENITO CORBAL
Rúa Benito Corbal, 13
MARÍN
5430
JAIME JANER
Rúa Jaime Janer, 9
MARÍN
5442
SEIXO
Avda. Doctor Otero Ulloa, 76
MARÍN
514
ESTRIBELA
Avda. Ourense, 80
POIO
544
A BARCA
Rúa A Barca, 32
POIO
5458
CAMPELO
Rúa Pedro Couselo, 5
BUEU
5017
BUEU
Rúa Eduardo Vincenti, 29
BARRO
5411
BARRO
Rúa Baladas, 1 – San Antoniño-Perdecanai
COMBARRO
5419
COMBARRO
Rúa Camiño Real, 2
CERDEDO-COTOBADE
5026
CERDEDO
Rúa Ourense, 41
CERDEDO-COTOBADE
5416
CARBALLEDO
Rúa Chan, 25
PONTE CALDELAS
5057
PONTE CALDELAS
Avda. Vigo, 4
SANXENXO
5061
SANXENXO
Rúa Igrexia, 2
MORAÑA
5106
MORAÑA
Rúa N. Doce, 2
VILABOA
5081
VILABOA
Rúa Riomaior, 3


No hay comentarios:

Publicar un comentario