§ O
Goberno galego apoiará aos concellos da comarca de Pontevedra con 326.201 euros
para beneficiar a 25 persoas sen emprego que se dedicarán a levar a cabo tarefas
de construción e forestal
§ Esta
liña de axudas enmárcase nas políticas de emprego da Administración autonómica
e busca mellorar a ocupabilidade dos galegos e galegas e dinamizar o mercado de
traballo
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e
Industria, informou hoxe aos concellos da resolución da orde de axudas que
permitirá que os municipios da comarca de Pontevedra poidan contratar a 25
persoas perceptoras da Risga, que serán destinadas a executar labores de
construción e forestal.
A Consellería de Economía destina así, este ano. un total de 7,6M€ para
a contratación de persoas perceptoras da Risga en toda Galicia, apoio do que se
beneficiarán un total de 643 persoas de 149 concellos.
Na provincia de Pontevedra beneficiaranse 259 persoas a través dun total
de 3,12M€. O obxectivo é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e
práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través
dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.
Na comarca do Salnés beneficiaranse os concellos de A Lama (5
traballadores), Cerdedo-Cotobade (2), Vilaboa (2), Campolameiro (1), Poio (5) e
Marín (10). En total, a Xunta destinará a estes
municipios un total de 326.201,58 euros.
Estas axudas están dirixidas a entidades locais para a contratación temporal
de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de
integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a
experiencia e práctica profesional necesarias para axudarlles e facilitarlles a
súa inserción laboral.
As contratacións deberán ter como obxectivo a realización de obras ou
servizos de interese xeral e utilidade social competencia das entidades locais,
e os traballadores e traballadoras contratadas deberán estar inscritas no
Servizo Público de Emprego de Galicia como perosas demandantes non ocupadas e
ser perceptoras da Risga.
Estas medidas, enmarcadas nas políticas de emprego da Xunta, teñen como
obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar
a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o
mercado laboral galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario