A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS NA CONTORNA DO LUGAR DE ESTACIÓN DE PORTELA, NO CONCELLO DE BARRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 23 de junio de 2020

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS NA CONTORNA DO LUGAR DE ESTACIÓN DE PORTELA, NO CONCELLO DE BARRO





§  Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que se desenvolve desde Augas de Galicia, inspeccionaron a zona tras a notificación do Servizo de Emerxencias do 112
§  A Xunta comunicou esta situación ao Concello e solicitoulle a adopción das medidas oportunas para a corrección dos vertidos
§  Augas de Galicia verificou nunha recente inspección a emenda da contaminación

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais na contorna do rego existente no lugar de Estación de Portela, no concello de Barro.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido desde Augas de Galicia, realizaron unha inspección neste lugar tras a notificación por parte do Servizo de Emerxencias do 112.
Os labores de comprobación realizados permitiron localizar un aporte de augas residuais cara ao rego procedente dun inmoble situado neste lugar do municipio pontevedrés.
A Xunta notificoulle esta situación ao Concello de Barro e solicitoulle a adopción das medidas oportunas para a corrección dos vertidos irregulares.
A Administración local comunicou a solución das deficiencias a través dunha acometida desde o inmoble ata a rede de saneamento municipal existente na rúa que atravesa a zona.
Augas de Galicia, nunha nova inspección, constatou que estas actuacións  permitiron a emenda da contaminación asociada a este punto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario