O conselleiro
de Cultura e Turismo reuniuse coa secretaria de Estado de Turismo do país luso
para avanzar en posibles accións conxuntas no Camiño Portugués
O conselleiro de
Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse hoxe por videoconferencia coa
secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques, para avaliar o
efecto da desescalada nos fluxos turísticos entre ambas zonas e traballar
conxuntamente na reactivación do Camiño de Santiago, un eido no que xa veñen
cooperando con resultados satisfactorios ao longo dos últimos anos.
Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo,
acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, trasladoulle
á mandataria lusa o obxectivo de reforzar os vínculos entre ambos territorios retomar
as liñas de colaboración abertas para poñer en valor a riqueza patrimonial,
cultural e natural que comparten Galicia e Portugal. Neste sentido, Román
Rodríguez salientou a importancia de recuperar os fluxos entre Galicia e
Portugal e de deseñar accións conxuntas, particularmente no que atinxe ao
Camiño Portugués.
O traballo conxunto, tal e como explicou o
titular de Cultura e Turismo do Goberno autonómico, permitirá establecer
estratexias que preparen a ambos territorios para superar os obstáculos da
crise sanitaria e afrontar con certezas a realidade do escenario posterior ao
coronavirus afianzando a nosa imaxe como destino seguro e de confianza,
precisou.
O portugués é o principal mercado
estranxeiro de Galicia e supón o 20% da demanda turística internacional. Tanto
é así que só no pasado ano visitaron a nosa Comunidade máis de 265.000 turistas
procedentes do país veciño. Ademais, a nacionalidade lusa tamén é unha das máis
frecuentes no Camiño de Santiago e Portugal é un dos principais países de
procedencia na Ruta Xacobea, só por detrás de Italia, Alemaña e Estados Unidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario