O concello de Barro agradécelle a Johnny Güimil o seu labor dinamizador durante o confinamento da veciñanza.
Crear comunidade e unión son sempre valores fundamentais da nosa sociedade, e sen dúbida grazas a Johnny Güimil e a toda a veciñanza que puxeron en valor estes dous conceptos no noso concello.
Os primeiros protagonistas desta crise sanitaria son as persoas que traballan no sector sanitario que combaten a enfermidade de forma directa pero tamén son protagonistas da loita contra o virus, e así llo hai que recoñecer, toda esa xente que se quedou na casa, a veces mesmo en circunstancias difíciles.
Por este motivo o Alcalde de Barro, fíxolle entrega a Johnny dunha placa en agradecemento en nome de toda a veciñanza de Barro polo seu labor dinamizador durante todo o confinamento; en palabras do Alcalde: “Ser noticia positiva por realizar este tipo de actividades dentro da situación preocupante que nos tocou vivir, sempre é de agradecer, e este recoñecemento a Johnny querémolo facer extensivo ao resto da xente que colaborou para que o confinamento fora moito máis levadeiro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario