A XUNTA ENTREGOU DENDE O INICIO DA PANDAMEIA MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE UNIDADES DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL A CONCELLOS E CENTROS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 7 de junio de 2020

A XUNTA ENTREGOU DENDE O INICIO DA PANDAMEIA MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE UNIDADES DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL A CONCELLOS E CENTROS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 


 

§  A administración autonómica enviou durante a presente semana máis de 25.400 máscaras, luvas e traxes a concellos da área pontevedresa, que ascenderon a 34.290 en toda a provincia 

§  Tamén se enviou esta semana 38.277 unidades a centros sociais, que chegaron a 108.934 en toda a provincia

§  A cidade do Lérez recibiu ata o de agora 38.296 equipacións individuais, que ascendeu ata 303.778 en relación aos concellos da área pontevedresa e 508.436 en toda a provincia

§  Durante a crise do Covid-19 o Goberno galego está a colaborar coas entidades localis para dotar aos seus servizos esenciais do material de protección que precisa contra o coronavirus

 

A Xunta de Galicia está a efectuar esta semana novos envíos de material de protección individual e desinfección aos concellos dependentes da área da Delegación da Xunta en Pontevedra (Salnés, Deza e Tabeirós, Morrazo, Pontevedra, Caldas, Baixo Miño e Condado-Paradanta) que, sumados aos efectuados dende que se decretou o estado de alarma pola crise do coronavirus, fan un total de 14 entregas a este municipios e cinco á capital da provincia, a través das que se atoparon máis de 303.778 unidades de protección individual, aos que hai que sumar os envíos aos 69 centros sociais destas comarcas, que chegaron a 176.986.

 

A nivel provincial, estes envíos supuxeron un total de 1,5 millóns de unidades de protección individual dende o comezo da pandemia.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe estes datos, facendo referencia ao esforzo que o Goberno galego está a realizar para que os concellos poidan atender ao persoal que sigue a desenvolver funcións nos distintos servizos municipais, coma Protección Civil, Policía Local e SAF.

 

Concretamente, as partidas enviadas esta semana aos municipios da área pontevedresa, excepto á capital, incluíron 9.200 luvas, 15.550 máscaras, e outros 703 materiais de protección. En canto aos centros sociais, o envío foi de 20.800 luvas, 1.517 máscaras  e 2.960 traxes, batas e material de desinfección.

 

En conxunto e dende que comezou o confinamento o Goberno galego entregou aos municipios da área territorial de Pontevedra máis de 303.778 unidades de protección individual, nas que destacan 165.560 luvas, case 130.500 mascarillas así como outros 8.516 produtos entre batas, material de desinfección, . Desta equipación, a cidade do Lérez recibiu un total de 38277 unidades de protección individual contra el Covid-19.

 

Os criterios de repartición están acordados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario