A XUNTA DESTINA 1M€ Á CONTRATACIÓN DE 71 PERSOAS DESEMPREGADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 14 de junio de 2020

A XUNTA DESTINA 1M€ Á CONTRATACIÓN DE 71 PERSOAS DESEMPREGADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS





§  O Goberno galego apoiará aos concellos da comarca de Pontevedra con 115.694 euros para beneficiar a 8 persoas sen emprego que se dedicarán a levar a cabo estas tarefas    
§  Esta liña de axudas enmárcase nas políticas de emprego da Administración autonómica e busca mellorar a ocupabilidade dos galegos e galegas e dinamizar o mercado de traballo

 A Xunta dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e informa da resolución da orde de axuda do Aprol Rural que permitirá que os concellos da comarca de Pontevedra contraten a un total de 8 persoas desempregadas para desenvolver servizos de interese xeral, en este caso, para previr incendios forestais.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano un total de algo máis de 1M€ para a contratación de 71 persoas desempregadas en 49 municipios da provincia de Pontevedra para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa). Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro.

Nesta comarca beneficiaranse 8 desempregados: 3 en Cerdedo-Cotobade e 2 na Lama, e un para Ponte Caldelas e outro para Campo Lameiro. Tamén podrá contratar un traballador o concello de Marín. En total, a Xunta destinará para este fin 115.694,70 euros.

Estas medidas, enmarcadas nas políticas de emprego da Xunta, teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.
    


No hay comentarios:

Publicar un comentario