A Xunta informa ao sector turístico da provincia de pontevedra das medidas do novo ‘pacto por un destino seguro’ - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 10 de junio de 2020

A Xunta informa ao sector turístico da provincia de pontevedra das medidas do novo ‘pacto por un destino seguro’



§   A directora de Turismo, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, participaron nun encontro por videoconferencia con profesionais
§   Deuse conta das máis de 600 accións formativas gratuítas e voluntarias sobre seguridade sanitaria que se van poñer en marcha pola Xunta de Galicia
§   Tamén se informou do novo servizo de asesoramento e das medidas de apoio e financiamento enmarcadas no Plan de Reactivación do sector turístico que ten como piares a información, asesoramento, formación e apoio económico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e a xefa territorial da consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra, Mª José Echevarría, participaron xunto coa subdirectora técnica e de planificación do ISSGA, Encarna Sousa Rodríguez e a xefa de Sección de Hixiene Industrial e Analítica do Centro do ISSGA, Myriam Garabito, nunha videoconferencia con representantes do sector turístico da provincia de Pontevedra para explicar os catro piares sobre os que se sustenta o Pacto por un destino seguro.
Durante o encontro púxose de manifesto a importancia de que o sector conte neste proceso de desescalada con todas as ferramentas precisas coas claves e protocolos claros. Neste sentido, Nava Castro lembrou a batería de accións que xa están en marcha para mellorar a información, asesoramento e formación das empresas  e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria, así como apoio económico para adecuarse á situación.
Como dixo, o obxectivo fundamental é garantir que a nosa Comunidade sexa un destino seguro, capaz de ofrecer as máximas condicións de seguridade sanitaria para profesionais e usuarios, así como aos propios galegos. Para acadar este obxectivo informouse da posta en marcha dun plan de formación voluntario e gratuíto centrado neste eido e impartido polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais que conta cunha oferta estimada de 65.000 prazas en 650 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás especificidades de cada subsector e de cada área xeográfica e que están dispoñibles en https://www.turismo.gal/galiciadestinoseguro
Os relatores tamén aclararon dúbidas en materia hixiénico-sanitaria que están recollidas nos 11 manuais xa dispoñibles nesa mesma páxina web á que nos vindeiros días se irán incorporando novos materiais para outros sectores. Nava Castro calificou de eficaces ferramentas estes manuais informativos presentados hoxe ao sector turístico da provincia de Pontevedra e que foron elaborados en colaboración co Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Saúde Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), así como con representantes do sector e entidades como o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e especialistas como o profesor e catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan Gestal. Condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos para facilitar a súa consulta.
En concreto, disponse xa de manuais adaptados aos restaurantes, hoteis, aloxamentos rurais, albergues, cámpings, balnearios, axencias de viaxes, turismo activo, campos de golf, guías de turismo e oficinas de turismo. Poderanse actualizar en función da evolución do estado de alarma e as diferentes instrucións derivadas do mando único.
Tamén se deu conta do novo teléfono gratuíto 900 815 334 para o asesoramento do sector e as liñas de apoio económico aprobadas no último Consello da Xunta que, como informou, están dispoñibles na nova web www.turismo.gal/galiciadestinoseguro.
Todas estas iniciativas se enmarcan no programa Galicia, destino seguro, que recolle ademais entre as súas medidas apoio económico aos profesionais e establecementos do sector para a adopción de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario