A peritaxe da Sareb foi unha trampa', a veciñanza en risco de desafiuzamento clama contra o banco - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 18 de marzo de 2023

A peritaxe da Sareb foi unha trampa', a veciñanza en risco de desafiuzamento clama contra o banco

BARRO> Os veciños afectados polas ordes de desafiuzamento de Barro volven denunciar as actuacións da Sareb. Segundo indican, o banco fíxolles unha oferta para mercar os inmobles moi por riba do valor polos que fora adquiridos. A nova actuación da Sareb tamén conta con erros, xa que a un veciño que dispón dun local comercial fixéronlle unha oferta por valor dunha vivenda. Os afectados volven reclamar á Sareb que deixe de esconderse e que se sente a negociar con eles.

O conflito entre os veciños de Barro afectados polas ordes de desafiuzamento e a Sareb continúa lonxe de resolverse. Nas últimas datas, o banco peritou os inmobles e fíxolle unha oferta preferencial aos afectados. Unha proposta que volve enfadar aos veciños xa que consideran que os prezos de compra son moito máis altos dos que adquiriu a Sareb.

Os veciños tamén denuncian que de novo volve haber erros. O que máis destaca é o dun dos áticos que está adaptado a local comercial e a oferta que recibiu o alugado é dun vivenda.

Este local conta con tubaxes polo chan e con cuartos adaptados para un establecemento sanitarios co que sería necesario un importante investimento para convertelo en vivenda.

Outros veciños non deixaron á Sareb peritar as súas vivendas e tamén recibiron unha oferta para a venda moi alta.

A veciñanza volve denunciar a falta de transparencia da Sareb e que segue sen quere sentarse a negociar con eles. Temen que non o faga antes de que remate a oferta preferencial o 31 de marzo.

Algúns veciños comezan a darse por vencidos e abandonar as súas vivendas, pero que os que continúa advirten que non baixarán os brazos e continuarán mobilizándose. O vindeiro día 29 viaxarán a Madrid para manifestarse diante da Sareb e no congreso dos deputados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario