RUEDA DESTACA QUE O GRAN MONTECELO SERÁ REFERENTE DUN MODELO HOSPITALARIO MÁIS HUMANO CON INSTALACIÓNS AMPLAS E ACOLLEDORAS, CON 720 CAMAS, 120 MÁIS QUE AS ACTUAIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 21 de marzo de 2023

RUEDA DESTACA QUE O GRAN MONTECELO SERÁ REFERENTE DUN MODELO HOSPITALARIO MÁIS HUMANO CON INSTALACIÓNS AMPLAS E ACOLLEDORAS, CON 720 CAMAS, 120 MÁIS QUE AS ACTUAIS

 


 

O presidente da Xunta coñeceu hoxe as habitacións e consultas tipo que terá este hospital público

 

     Destaca que case o 60 % das habitacións serán individuais e que o novo centro contará co dobre de postos de urxencia e un 50% máis de prazas no hospital de día

     Pon en valor os novos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica, xa que van permitir que 500 pacientes que cada ano tiñan que desprazarse a Vigo poidan ser tratados en Pontevedra

     Resalta que está deseñado para atender as necesidades asistencias de máis de 300.000 veciños de 26 concellos durante os próximos 50 anos

     Confirma que se manteñen os prazos previstos de que estea rematado no 2024

  O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Gran Montecelo de Pontevedra será “hospital de referencia” pola súa aposta por un modelo de atención “máis humano” baseado en instalacións amplas, acolledoras e preparadas para as novas tecnoloxías. Ademais, subliñou que este centro é, na actualidade, a “grande obra de edificación” que está a facer o Goberno galego, xa que está deseñado para atender as necesidades asistenciais dunha poboación de máis de 300.000 habitantes de 26 concellos nos vindeiros 50 anos.

 

Durante unha visita as habitacións e consultas tipo que terá este hospital público, Rueda lembrou que o futuro centro vai permitir aumentar as instalacións actuais. O Novo Montecelo contará con 720 camas -120 máis que o hospital actual- e que case o 60% das habitacións serán individuais. Ademais, salientou que se aumentaraá un 92% os postos de urxencia e un 49% as prazas de hospital de día; poñeranse en marcha tres novos quirófanos, haberá 53 consultas máis e crearase unha nova UCI pediátrica.

 

Ademais, o presidente resaltou que a Xunta vai investir 8,8 millóns de euros no equipamento dos novos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica, o que permitirá que preto de 500 pacientes que se desprazaban cada ano ata Vigo poidan tratarse en Pontevedra. “Son cifras importantes que saen do esforzo da xente que paga estas instalacións co seus impostos e fala da mellora evidente que se vai producir na atención hospitalaria”, remarcou ao tempo que considerou que o Gran Montecelo é unha “magnifica proba” de que a Xunta “se toma moi en serio” a sanidade pública.

 

Rueda tamén confirmou que se manteñen os prazos previstos de que o Gran Montecelo estea rematado en 2024 para, a continuación, comezar a poñelo en funcionamento con servizos complementarios. A este respecto, adiantou que proximamente se publicará o procedemento para o proxecto e obra da construción dun novo aparcamento, con 900 prazas de concesión, que se sumará ao aparcadoiro público actual, con 250 prazas, que seguirán a ser gratuítas e que se verá reforzado cunha área de estacionamento na zona de urxencias con espazo para 128 vehículos. Ademais, tamén avanzou que sairá a concurso a redacción do proxecto para o servizo de cafetería.

 

Mellorar as infraestruturas e tamén as condicións dos “magníficos profesionais”

Para  concluír, o mandatario galego aclarou que este compromiso do Goberno galego coa sanidade pública non só se reflicte en mellorar as infraestruturas, senón tamén en mellorar as condicións dos “magníficos profesionais” cos que se conta, en referencia as ultimas medidas dirixidas ao incremento as retribucións e compensacións salariais dos traballadores da sanidade pública; á convocatoria por concurso de méritos de 400 prazas de difícil cobertura; ou á oferta de contrato estable de tres anos a todos os residentes de familia cando rematen a especialidade.

 

O presidente tamén fixo mención á que a Xunta está a facer todo o posible dentro das súas competencias para paliar a falta de médicos que existe na actualidade e que afecta a todas as comunidades. No entanto, lembrou que as “solucións estruturais só poden vir do Ministerio de Sanidade”. Así, aínda que considerou unha “boa nova” o anuncio da futura creación da Especialidade de Urxencias, demandou “solucións globais” ante o problema común en toda España de falta de médicos, sobre todo na atención primaria, área que presenta máis problemas para cubrir as vacantes.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario