O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, REÚNESE COA XEFATURA DE EDUCACIÓN DA XUNTA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 6 de marzo de 2023

O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, REÚNESE COA XEFATURA DE EDUCACIÓN DA XUNTA

 


Esta mañá, o noso candidato Eduardo Ruadas mantivo unha reunión con César A. Pérez Ares, responsable da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra. Neste encontro, tratouse o estado das instalacións do CEIP Amor Ruibal, así como o futuro do IES de Barro. Un dos primeiros pasos será a xestión de ciclos formativos no IES, que atraerán a novo alumnado e aportarán novas posibilidades aos estudantes do noso concello. Ademáis, xestionarase a implantación da FP Dual, unha modalidade de formación profesional que combina a actividade formativa coa formación e actividade laboral en empresas. Desta forma, non só se verán beneficiados os usuarios matriculados, senón tamén o comercio e compañías locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario