O noso candidato, Eduardo Ruadas, reuniuse có Xefe Provincial de Emerxencias, Miguel Dubois, para falar sobre a situación da Agrupación de Proteción Civil no concello de Barro. Chegouse a un compromiso por parte do Xefe Provincial de axudar a potenciar a agrupación mediante unha campaña de captación de voluntariado.
Ademáis, comunícasenos que o noso concello podería dispoñer dun remolque de emerxencias e un esparexedor de sal, do que non se dispón por non telo solicitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario