O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, INFORMA DE VINDEIRAS ACTUACIÓNS DA AXI DA XUNTA NA PO-531 EN CURRO
A Axencia Galega de Infraestruturas ( AXI ), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilididade da Xunta de Galicia, ten previsto acometer en próximas datas, a instalación de barreiras de seguridade nas vías de servizo existentes na contorna do punto quilómétrico 10+300 da PO-531 Pontevedra-Baion ( N-640 ), en Curro.
Con esta actuación mellorarase a seguridade vial na zona, impedindo que os vehículos que circulen por ditas vías de servizo poidan caer na PO-531.
Unha vez instalada a barreira de seguridade, procederase a repoñer a malla de peche, actualmente deteriorada, na cabeza do noiro de desmonte, Para protexer e impedir a Baixa de fauna por dito noiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario