Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 24 de octubre de 2011

Barro Veteranos,6 xornadas consecutivas sen perder e Curro Veteranos a 1 punto do lider

Crónica dos tres equipos de fútbol veterano que hai en Barro Carballo da Portela, Terras de Curro e Barros Veteranos.

Despois de rematar a xornada de onte o Barro Veteranos, equipo de fútbol formado nun 80% por veciños de Barro, acadou xa o 7º posto  da táboa, despois de levar 6 xornadas consecutivas sen perder, con 13 puntos e tan só a 6 puntos. Están firmando unha boa progresión despois dun comezo complicado.

O Terras de Curro, segue a súa imparable ascensión e xa se colocou a un só punto do Sanxenxo Veteranos, polo que agardamos que en breve tomen asalto á cabeceira da táboa.

O Carballo da Portela, por outra banda e trás perder co lider do grupo O Bodegón, nun partido moi disputado e con moitos goles, 3-4, sitúase na táboa no 11º lugar. Desexámoslle moitos éxitos e que en breve ronden os primeiros postos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario