Xunta de Galicia: COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE. Campaña de doazón nas Universidades galegas. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 8 de octubre de 2011

Xunta de Galicia: COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE. Campaña de doazón nas Universidades galegas.


O CENTRO DE TRANSFUSIÓN INICIA A CAMPAÑA DE DOAZÓN NAS UNIVERSIDADES CUN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE
  
·                   No transcurso do pasado curso académico a participación dos universitarios e universitarias nas campañas de doazón de sangue aumento un 0.44 por cento

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) inicia a vindeira semana a campaña de doazón de sangue nos sete campus das tres universidades galegas, como xa é tradicional dende o ano 1993.

O obxectivo pasa por aumentar a participación nas campañas de doazón de sangue de todo o colectivo universitario: alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Para isto, a Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia desenvolverán unha ampla campaña informativa en cada centro e tentarán ofrecer as máximas facilidades para participar neste acto solidario.

Lixeiro aumento
Durante o pasado curso académico 2010-11 houbo 7.126 doazóns de sangue nas tres Universidades galegas, o que supón un aumento do 0,44 por cento respecto ao curso anterior. Isto supón unha taxa de 106 doazóns por cada 1.000 alumnos e ano, por riba da recomendada pola Organización Mundial da Saúde e da taxa media de Galicia.

O Centro de Transfusión de Galicia fai un chamamento a comunidade universitaria, xa que a tendencia da participación neta continúa claramente á baixa, xa que dende o curso 2006-07 produciuse unha diminución acumulada do 5,7 por cento no número de doazóns de sangue recollidas nos sete campus galego.

UNIVERSIDADE
DOAZÓNS
CURSO
2005-06
DOAZÓNS CURSO 2006-07
DOAZÓNS CURSO 2007-08
DOAZÓNS CURSO 2008-09
DOAZÓNS CURSO
2009-10 
DOAZÓNS CURSO 2010-11
TAXA DE DOAZÓN 2010-11
DIFEREN
2010-11/ 2009-10 
SANTIAGO
2.891
3.294
3.393
3.208
3.196
3.352
119/1000
4,88%
VIGO
2.349
2.381
2.054
2.360
2.236
2.145
112/1000
-4%
A CORUÑA
2.092
1.881
1.602
1.655
1.663
1629
82/1000
-2,04%
Total
Universidade
7.332
7.556
7.049
7.223
7.095
7.126
106/1000
0,44%


  
O campus galego que rexistrou o maior número de doazóns de sangue no curso académico foi o de Santiago de Compostela, con 2.713 doazóns.

As doazóns efectuadas polo colectivo universitario supuxeron o seis por cento das 117.481 doazóns rexistradas en Galicia no pasado ano 2010.

Desenvolvemento
Nesta primeira fase, o Centro de Transfusión de Galicia achegarase aos centros e docentes universitarios dos sete campus galegos nos meses de outubro e novembro; posteriormente continuará unha segunda fase nos meses de marzo e abril do vindeiro ano.

A atención ao doador levarase a cabo dentro dos centros, por medio de padiolas portátiles, ou nas unidades móbiles de doazón de sangue, desprazando en cada caso persoal sanitario suficiente para tentar evitar os períodos de espera.

Enviarase a cada persoa que fixo unha doazón na campaña do pasado curso, unha carta informándolle do día no que acudimos ao seu centro. Ademais, en todas as facultades e escolas universitarias, impartiranse charlas informativas, levarase a cabo unha distribución de material informativo (folletos, follas de información sobre as condicións necesarias para doar, carteis,...).

Unha necesidade constante
A Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia lembran que a participación dos xoves galegos nas campañas de doazón de sangue foi decisiva no incremento de doazóns experimentado nos últimos anos e que ten levado a Galicia a convertese na terceira Comunidade Autónoma en índice de participación.

Non obstante, para que os hospitais galegos podan levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial, é preciso obter cada día preto de 500 doazóns de sangue, polo que o Centro de Transfusión de Galicia apelará directamente á solidariedade dos alumnos, profesores e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario