Xunta de Galicia: O prazo de solicitude para bolsas Leonardo Da Vinci arranca este luns - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 3 de octubre de 2011

Xunta de Galicia: O prazo de solicitude para bolsas Leonardo Da Vinci arranca este luns

O prazo para solicitar unha das 50 bolsas da cuarta convocatoria do programa Leonardo Da Vinci --para realizar prácticas laborais en Europa-- arranca este luns día 3 de outubro e permanecerá aberto ata o próximo día 14.


   Segundo explicou a Xunta, este programa dirixido a novos de entre 18 e 30 anos se inscribe no proxecto autonómico Mogal e permitirá que un total de 186 galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda, Holanda e a República Checa.

   As estanzas formativas duran 12 semanas. Neste caso, serán dende xaneiro ata marzo de 2012. Nesta última convocatoria, as bolsas repartiranse en catro en Holanda; 12 en Irlanda, 21 en Francia; seis en Italia, e sete para a República Checa.

   Na iniciativa poden participar novos de entre 18 e 30 anos que teñan realizado estudios universitarios ou de Formación Profesional relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.

   En concreto, a bolsa cobre os gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística, seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención. Para participar, os interesados deberán enviar os documentos que se requiren na web 'www.xuventude.net'.

No hay comentarios:

Publicar un comentario