Hai que sinalar a asistencia do Club Calavera 4x4, que foron dos máis numerosos. Tamén asistiron o Club Venados de Guitiríz que esta dirixido por Jose Cabanas, que tamén participou, sendo unha das persoas mais coñecidas organizando eventos e rutas 4x4, xunto con outro participante na ruta chamado Oswaldo Couto Ares. Ámbolos dous son moi coñecidos a nivel da Península Ibérica.
O desenrolo da ruta foi normal, a pesares da calor, deixoulles un bo sabor de boca, pois nos propios camiños encontráronse con buratos e pedras que movera a auga, facendo o recorrido difícil no que en alguns momentos fixo que se utilizase o "winch" en zoas que non eran especiais.
Nas especias ( zoas de paso con alta dificultade) só algúns 4x4 dos mais prepados técnicamente lograron superar, sempre respetando o medio natural. Asi, xente como os Patrol GR de "Chatarreiro" e Roi, o Patrol GR de Cabanas foron dos primeiros en superalas.
Tamén o Toyota de Fran de Lugo, o Toyota de Rolando( membro de Traczion)o Vitara de Oubiña( membro de Traczion) e o espectacular Jeep de Piñeiro, lograron superar os obstaculos e conseguir disfrutar dun día de ruta turistica na que non hai competicion.
Os membros de Traczion Catro mostraron tamén o seu agradecemento "a tódolas Comunidades de Montes, e tamén o Concello de Cuntis. Tamén a tódolos bares e pubs de Cuntis e á Deputacion de Pontevedra pola sua colaboracion e implicación co deporte de motor na nosa provincia"

No hay comentarios:
Publicar un comentario