Barro concello ecolóxico: Da comarca do Umia é o que menos verquidos contaminantes ten despois de Vilagarcía. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 24 de octubre de 2011

Barro concello ecolóxico: Da comarca do Umia é o que menos verquidos contaminantes ten despois de Vilagarcía.

O río Umia aínda soporta na actualidade un total de 130 puntos de vertedura ao dominio público hidráulico. Eses achegues concéntranse en catro municipios da conca -Caldas de Reis, Meis, Moraña e Ribadumia-, segundo as conclusións dun recente estudo do organismo Augas de Galicia ao que tivo acceso La Voz. Deses 130 verteduras, o 33 % (43) son focos contaminantes, 21 presentan indicios de contaminación, 10 son contaminantes de carácter ocasional, e os 56 restantes corresponden a puntos emendados ou con falta de vertedura constatada.

Para levar a cabo o informe o persoal do Plan de Control de Verteduras percorreu as marxes da canle naquelas zonas nas que é accesible e realizou visitas de inspección en nove municipios. Foron Barro, Caldas de Reis, Cambados, Meis, Moraña, Portas, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Caldas é o concello con maior número de verteduras ao Umia con 38, seguido de Meis (23), Moraña (20) e Ribadumia (19). O resto de focos repártense do seguinte xeito: Portas (11), Vilanova (9), Cambados (6), Barro (3) e Vilagarcía (1). Con todo, é Meis o concello con máis focos dos considerados como contaminantes, 14, por diante de Caldas e Moraña, localidades que teñen 9.

Dos 130 puntos de vertedura atopados no Umia, case o 60 % son de natureza doméstico-urbana, un total de 77 focos. O resto son de natureza industrial (37) e tamén hai achegues naturais (14), residuos (1) e de natureza agrícola-gandeira (1), aínda que na actualidade neste punto non existe vertedura. Respecto dos focos con orixe doméstica-urbano, 27 dos 77 correspóndense con fosas sépticas. Deles, 6 contan con autorización de vertedura, 8 están a tramitar o permiso e 13 verten á canle sen autorización.

En canto aos focos de natureza industrial, 22 dos 37 detectados corresponden a augas residuais industriais, 13 son augas fecais e 2 teñen como orixe da vertedura a rede de pluviais. Desde a Consellería de Medio Ambiente sublíñase que estas campañas de inspección teñen un carácter continuo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario