Aproveitando que hoxe se conmemora o Día Mundial contra esta patoloxía, a Consellería de Sanidade da Xunta reivindica ''a relevancia e eficiencia do seu Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama''. Ese programa, desenvolvido pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, explorou o pasado ano a un total de 39.150 mulleres de 50 a 69 anos da provincia de Pontevedra.
Dese total de probas, que facilita Sanidade e que representa unha participación do 81,28 por cento da poboación diana do programa na provincia, 196 foron posteriormente remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento. Confirmouse a presenza de patoloxía maligna de mama en 99 casos, ''que xa se atopan en tratamento'', segundo indica Sanidade a través dunha nota de prensa.
Unidade móbil
Este programa dispón tamén dunha unidade móbil, segundo informa Sanidade. Esta unidade é a encargada de efectuar as visitas aos diferentes concellos da provincia de Pontevedra, que, cunha participación do 84,34 por cento, o pasado ano explorou a un total de 6.504 mulleres e colaborou a detectar 14 patoloxías malignas.
miércoles, 19 de octubre de 2011
New
Hoxe, "Ponte un lazo rosa". Día Mundial contra o Cancro de Mama
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
concello
Etiquetas:
concello
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario