Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 26 de octubre de 2011

Novas sinalizacións causan confusión entre os usuarios do nó de Curro

As obras do nó de Curro , na entrada á autovía do Salnés, causaron onte confusión entre os condutores que utilizan a diario este viario. A entrada en funcionamento de novos viarios e desvíos provocou que algúns condutores pensasen que a autovía fora pechada ao tráfico.

Os traballos de construción deste enlace entraron xa nunha nova fase. Onte pecháronse os desvíos provisionais que daban acceso á autovía desde a estrada de Pontevedra e desde a autoestrada AP-9. O cambio provocou que algúns condutores fosen incapaces de atopar a nova entrada á vía de alta capacidade que conduce aos municipios do Salnés. E é que agora é preciso pasar por dúas enormes rotondas antes de poder acceder á mencionada autovía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario