Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 24 de marzo de 2016

A XUNTA TRASLÁDALLE AOS EMPRESARIOS DO SECTOR DE TRANSPORTE DE PASAXEIROS POR ESTRADA A SÚA DETERMINACIÓN DE GARANTIR O FUNCIONAMENTO DESTE SERVIZO PÚBLICO



A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión con representantes do Comité Galego de Transportes por Estrada para abordar a sentenza do Tribunal Supremo sobre a prórroga das concesións

§        O Goberno galego está a analizar o contido do pronunciamento xudicial contrario á decisión adoptada pola Xunta de forma consensuada co sector para asegurar a continuidade do servizo e ofrecer estabilidade e melloras aos profesionais
§        A solución adoptada pola Xunta está en liña coa seguida por outras 12 comunidades autónomas para facilitar a adaptación á normativa comunitaria de forma vinculada á mellora nos servizos

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladou hoxe aos empresarios do sector do transporte a determinación da Xunta de garantir o funcionamento do servizo público aos cidadáns. A conselleira, acompañada do secretario xeral técnico do seu departamento, Joaquín Macho, e da directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo hoxe unha reunión con representantes do  Comité Galego de Transportes por Estrada para abordar a recente sentenza do Tribunal Supremo referente á prórroga das concesións.

Na xuntanza participaron representantes das asociacións Transgacar, Anetra, Fegabus e Fegatravi.

A conselleira fixo fincapé en que o Goberno galego asegurará  o normal funcionamento do servizo público do transporte interurbano, logo de coñecerse a sentenza do Tribunal Supremo que anula a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do ano 2010 pola que se prorrogaban as concesións en vigor por un período de 10 anos. Aclarou que esta sentenza é contraria á ditada no ano 2012 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considerou correcto o procedemento seguido.

En todo caso, a conselleira informou de que os servizos xurídicos da Administración autonómica están a analizar en detalle o alcance da sentenza e a posibilidade de continuar as actuacións no eido xudicial, coa fin de defender a autonomía lexislativa da Comunidade galega.

A prórroga das concesións de transporte interurbano, asociadas ao Plan de modernización do sector  estableceron un marco normativo consensuado co sector que permitiu dar estabilidade e melloras sociais a un sector que emprega máis de 5.000 traballadores en Galicia.
 
A solución adoptada está en liña coa seguida por outras 12 comunidades autónomas para facilitar a adaptación á normativa comunitaria de forma vinculada á unha mellora nos servizos.

As empresas adheridas ao Plan de modernización e, polo tanto, coas concesións de servizo prorrogadas, adquiriron compromisos de modernización da flota, adaptación dos autobuses ás persoas con mobilidade reducida e  introdución de melloras tecnolóxicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario