Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 9 de marzo de 2017

ETHEL VÁZQUEZ REITERA A CONFIRMACIÓN DE ADIF DE QUE TODAS AS ESTACIÓNS DE FERROCARRIL DE GALICIA PERMANECERÁN ABERTAS E COS SERVIZOS DE VENDA DE BILLETES COMO ATA AGORA



A conselleira de Infraestruturas e Vivenda salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta se mantivo vixiante para que se garantise a calidade dos  servizos aos usuarios, ao tempo que se velase polo dereitos dos traballadores das terminais


§  Vázquez Mourelle indica que Adif lle ratificou que non se eliminou nin se vai eliminar o servizo de venda de billetes que realiza nas estacións de Guillarei, en Tui, Sarria, A Rúa, Petín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Ribadavia
§  Sinala que Adif explicou que o proceso de modernización que se está a iniciar nas terminais, suporá a instalación, no futuro, de máquinas de autovenda, pero non implicará perda dos servizos que os veciños veñen recibindo
§  Salienta que a Xunta actuou con dilixencia e firmeza, esixindo solucións para garantir que a prestación do servizo de venda de billetes se fixese atendendo ás peculiaridades da poboación destes municipios
§  Subliña que o Goberno galego aposta de forma decidida polo rural e así o amosou cunha actitude moi activa ante o Goberno do Estado para que a mobilidade dos veciños destes municipios estivesen plenamente garantidos

Santiago, 8 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reiterou hoxe no Parlamento de Galicia a confirmación de Adif de que que todas as estacións de ferrocarril da comunidade permanecerán abertas e mantendo os servizos de venda de billetes como viña prestando ata o de agora.  

Vázquez Mourelle indicou que o pasado xoves o presidente de Adif ratificoulle que non se eliminou nin se vai eliminar o servizo de venda de billetes que realiza nas estacións ferroviarias de Guillarei, en Tui, Sarria, A Rúa, Petín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Ribadavia. Tamén lle comunicou esta determinación aos respectivos municipios afectados.

Neste documento, Adif clarificaba que o persoal de circulación da compañía continuará realizando as funcións comerciais nestas terminais. Ademais, facíase fincapé en que non se deixaron de ofrecer os servizos en ningún momento nin nunca se plantexou o peche destas estacións.

Adif explicou no citado escrito que o desconcerto xerado semanas atrás sobre o servizo de venda de billetes  puido ser debido aos procesos que se están a impulsar para mellorar o funcionamento das liñas ferroviarias ao obxecto de acadar un transporte seguro, eficiente e sostible. Reiterou que este proceso de modernización, que poderá supoñer, no futuro, a instalación de máquinas de autovenda, non implicará en modo algún unha perda dos servizos que os veciños veñen recibindo.

A titular de Infraestruturas salientou que o Goberno galego se mantivo vixiante e en contacto permanente con Adif e Renfe, demandándolles que se garantise a calidade do servizo ferroviario aos usuarios, ao tempo que se velase polo dereitos dos traballadores e o mantemento do emprego.

Vázquez Mourelle fixo fincapé en que a Xunta está a apostar de forma decidida polo rural de Galicia e por dotar de servizos e de novas oportunidades as comarcas interiores. É por isto que o Executivo autonómico mantivo unha actitude moi activa ante o Goberno do Estado para que a mobilidade dos veciños destes municipios e comarcas galegas estivesen plenamente garantidos.


A conselleira destacou que o Goberno galego actuou con dilixencia, dando traslado a ADIF, a Renfe e ao propio ministro de Fomento da alarma social que estaba a producir a reorganización do persoal nas estacións ferroviarias da comunidade. Ademais, precisou que tamén se actuou con firmeza, esixindo solucións satisfactorias para garantir que a prestación do servizo de venda de billetes se fixese, sempre, atendendo ás peculiaridades da poboación destes municipios e comarcas do rural de Galicia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario