Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 4 de marzo de 2017

NAVA CASTRO INAUGURA EN BAIONA A SINALIZACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA QUE PASA POR BARRO



A directora de Turismo de Galicia participou na colocación da primeira mouteira oficial da ruta


§   Indica que se colocarán 81 mouteiras nos case 150 quilómetros do Camiño Portugués da Costa no seu tramo galego
§   Confía en que esta variante costeira oficializada como Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela se consolide como un dos grandes reclamos da provincia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o alcalde e a concelleira de Turismo de Baiona, Ángel Rodal e Beatriz González, inauguraron hoxe a sinalización do Camiño Portugués da Costa coa colocación da primeira mouteira oficial.

Trátase da primeira das 81 mouteiras que se colocarán nos case 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea, 12 delas no concello de Baiona.

Recoñecido recentemente como Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela, xunto co Camiño de Inverno -coa aprobación da Lei de Patrimonio de Galicia- o Camiño Portugués da Costa vén de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización, a seguridade dos peregrinos que a transiten e facilitándolles o seu traxecto.

Impulso para o crecemento da historia do Camiño
“A oficialización desta ruta foi froito dos estudos realizados nos últimos anos que acreditan a historicidade deste itinerario e responde igualmente a unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con esta Ruta Xacobea. Sen dúbida, un importante impulso para que continúe crecendo a historia do Camiño de Santiago”, indicou Nava Castro.

Neste sentido, a responsable de Turismo da Xunta referiuse ao Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago levado a cabo polo seu departamento, como un dos documentos crave no desenvolvemento turístico de Galicia, que segue a mesma liña de traballo que a establecida nesta nova normativa legal.

Ambos teñen entre os seus obxectivos o mantemento dos valores esenciais do Camiño e a posta en valor do patrimonio cultural asociado ao Camiño de Santiago. “O recoñecemento oficial do Camiño Portugués da Costa constitúe un paso máis no obxectivo de garantir a protección e conservación das rutas que, no caso do Camiño Portugués da Costa conta xa cun gran número de adeptos”, indicou Nava Castro.


A directora de Turismo de Galicia valorou o “incomparable” marco natural polo que transcorre esta Ruta Xacobea en Galicia e amosouse segura de que esta variante costeira recen oficializada se consolide “como un dos grandes reclamos desta provincia”, dixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario