Figueroa lembrou que foi aprobado pola unanimidade de todos os grupos, dixo
que era falso que fose un <centro de exterminio> e lembrou que os
concellos poden conceder a xestión do servizo ás Protectoras pero non os obriga
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, sinalou
hoxe en rolda de prensa que o Centro de Recollida de animais abandonados de
Armenteira (Meis) será un Centro de Acollida e <non de <exterminio>
como afirman algúns con evidente malicia e demagoxia>.
Destacou que a política do centro xirará en torno ao fomento e xestión de
adopcións dos animais e non do seu sacrificio, ademais de que a Deputación
levará a cabo campañas de sensibilización orientadas a erradicar o abandono e
malos tratos aos animais.
Figueroa afirmou que a Deputación está iniciando un servizo que lle
demandaron os concellos e que foi aprobado pola unanimidade de todos os grupos
da institución provincial. A día de hoxe, ao convenio adherironse 34 concellos
da provincia, de todos os colores, que representan unha poboación de 280.586
habitantes.
Concurso aberto a todos
Neste sentido, lembrou que <non é certo que sólo as Protectoras poidan
xestionar este servizo>. Dixo que a normativa establece que <os concellos
poderán conceder a xestión do servizo as Protectoras pero non os obriga, é algo
potestativo>. <Por eso, o convenio noso non prohíbe que os concellos
colaboren coas Protectoras>, sinalou.
Por esta razón, ao concurso que sacará a Deputación poderán presentarse a
Protectoras, as empresas ou entidades <é un concurso aberto a todos e non
feito á medida de ninguén, é un convenio para solucionar un problema pois o ano
pasado os cans abandonados provocaron nas estradas provinciais 193 accidentes,
con 3 feridos graves e 34 leves, ademáis de solucionar o problema de
salubridade pública que supoñen a aparición de fosas comúns e almacéns
clandestinos de cadáveres>
<Estamos para resolver
problemas, non para creálos>
Respecto da anunciada concentración para hoxe frente á Deputación afirmou
que < A Deputación non entra en
polémicas artificiais e estériles, nós estamos aquí para traballar en
favor dos cidadáns, dos concellos e da provincia. Estamos para solucionar
problemas e non para creálos>.
Parcela de 9.800 metros e
1.500 construidos
Sobre a afirmación de que o centro de Meis non tén capacidade para albergar
todos os cans dixo que <o centro de acollida de Meis tén posibilidades de
ampliación en función da demanda pois a superficie da parcela é de 9.800 metros
cadrados e a construida sólo ocupa 1.500>. Según Figueroa, a política de
adopcións que levará a cabo permitirá un fluxo de entradas e saidas de animais
acorde coa capacidade do Centro de Acollida>.
Implicaránse todos os
axentes
Finalmente, lembrou que a Deputación non tén ningún interés en <acabar
coas Protectoras> pois, según afirmou, <os concellos que o desexen
poderán colaborar con elas, aparte de que o servizo non afecta a Vigo,
Pontevedra, Cambados ou Vilagarcía, por exemplo>.
Figueroa conclueu afirmando que <o servizo estará tutelado pola
Deputación e buscará a implicación de varios axentes, dende as administracións
aos cidadáns pasando polas Protectoras, centros veterinarios, Universidade,
etc.>
No hay comentarios:
Publicar un comentario