Concello de Barro, Deputación, CC. Montes e veciños avalan cun protocolo o Polígono de Barro-Meis. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 25 de septiembre de 2012

Concello de Barro, Deputación, CC. Montes e veciños avalan cun protocolo o Polígono de Barro-Meis.


O  POLÍGONO DE BARRO-MEIS GOZA DE PLENA SEGURIDADE XURÍDICA AO ASINAR HOXE OS VECIÑOS QUE RECURRIRON O  PLAN DE SECTORIZACIÓN UN ACORDO NO QUE RENUNCIAN A PERSONARSE NA CASACIÓN NO SUPREMO E A PEDIR A EXECUCIÓN DUN ANTERIOR FALLO DO TSXG

A Deputación de Pontevedra asinou hoxe un Protocolo de Actuacións entre o Concello de Barro, o IPESPO, as comunidades de montes de Curro, Agudelo e  Portela e 95 veciños que no seu día recurriron ante o TSXG o Plan de Sectorización do polígono industrial de Barro-Meis.

A sinatura do acordo otorga plena seguridade xurídica ao polígono de Barro-Meis, de tal xeito que as empresas que eran reticentes poden xa instalarse con todas as garantías legais. Supón a plena seguridade xurídica porque os veciños asinantes renuncian a personarse no recurso de casación que o Concello de Barro interpuxo ante o Supremo, no entendemento por parte do concello de que a sentenza emitida no seu día polo TSXG era contraria a dereito e, por riba, que o propio Concello de Barro modificou, nun posterior acordo plenario, as deficiencias detectadas polo TSXG. Os veciños renuncian tamén a esixir o cumprimento da mencionada sentenza do TSXG.

No seu día, os 95 veciños recurriran a aprobación do Plan de Sectorización de Barro-Meis ante o TSXG, que o anulou.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario