- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra acudiu invitado polos veciños para analizar as súas demandas en relación a saneamento e beirarrúas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a parroquia de Curro en Barro para comprobar o avance das obras de execución da rotonda que se está a instalar na PO-531.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra estivo acompañado nesta visita polo alcalde da localidade, José Antonio Landín Eirín, o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, o director de obra, Ricardo López Escapa, así como por representantes veciñais e a empresa Covsa, encargada das obras.
Cores Tourís analizou así aos veciños a obra que se está a executar neste punto e escoitou as peticións veciñais en relación a melloras que desexan que se realicen aproveitando estes traballos.
Neste senso, Manuel Corredoira, portavoz da Plataforma de Afectados pola reforma da PO-531, apoiado polo alcalde de Barro, solicitou que se executara o saneamento e as beirarrúas entre a igrexa de Curro e o cruce da Portela. Tamén piden que se mellore o camiño no que enlaza o pasa superior situado neste lugar.
O delegado territorial tomou nota das demandas veciñais e asegurou que serán estudadas tecnicamente para comprobar a súa viabilidade.
As obras visitadas hoxe consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de radio exterior polo que os traballos a desenvolver serán o estendido dunha capa de mistura bituminosa en quente, a constitución da rotonda e illas físicas de separación e a sinalización horizontal e vertical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario