Ningunha
empresa que produza efectos contaminantes. Esta era o reclamo dos
noventa e cinco veciños de Barro que no seu día interpuxeran o recurso
contencioso administrativo contra a aprobación do Plan de Sectorización
do polígono Barro Meis. Ningunha empresa que produza efectos
contaminantes e en especial, ningunha destinada á fabricación de papel e
cartón, o que pon punto e final os rumores xurdidos no seu día sobre a
posibilidade do traslado da fábrica de ENCE a este polígono industrial.
E
deste xeito o alcalde de Barro asegurou que na súa intención nunca
estivo traer ó concello ningunha empresa que puidera causar danos de
ningún tipo e incluso recordou ós tempos do bipartito na Xunta de
Galicia para buscar os culpables daqueles rumores.
Despois
de máis dunha década de retrasos, tanto Deputación como Concello
celebran un acordo que da unha cobertura definitiva con respecto á
seguridade xurídica, unha seguridade que agardan sirva para aumentar o
número de licencias vendidas. Nestes momentos están xa en mans de
empresas algo máis do trinta por cento das parcelas e agárdase que
pronto se poida dar saída ás que faltan por vender.
Segundo
o presidente da Deputación, na situación de crise que nos atopamos, a
maior parte dos veciños celebran que alí se poidan asentar empresas que
traian riqueza ó concello. Agardan que no 2013 o polígono poida estar
cheo.
Para ver a noticia, pinche no video seguinte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario