Prazo aberto para curso ACTIVATE "Creación de pásxinas web" e para o Grupo para o reforzo do emprego. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 2 de septiembre de 2012

Prazo aberto para curso ACTIVATE "Creación de pásxinas web" e para o Grupo para o reforzo do emprego.

CURSOS NO CONCELLO DE BARRO.


“Creación de páxinas web”
Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso “creación de páxinas web” que se vai a realizar no Concello de Barro a través do proxecto ACTIVATE da Deputación de Pontevedra.

“Grupo para o reforzo do emprego”.
Durante o mes de xullo comezamos esta actividade que continua durante o mes de setembro.
O 1º grupo formado pólas persoas que xa viñeron en xullo comezarán o día 3  de setembro coa última parte desta iniciativa con unha modificación no horario de 9:00 a 10:00 da mañá.
Para os novos interesado 2º grupo o día de comezo será o 10 de setembro en horario de 8:30 a 10:30 da mañá.
Para a inscrición tendes que pasar pola oficina de información xuvenil do Concello de Barro ou informarvos no 986714806.

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120822/AnuncioG0164-130812-0002_gl.html

OUTROS CURSOS DE INTERÉS:

Curso de xestión de incidencias e manexo de aplicación nos servizos de emerxencias asociados ao CAE 112 Galicia.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120830/AnuncioO3C2-220812-0001_gl.html

Denominación: xestión de incidencias e manexo de aplicación nos servizos de emerxencias asociados ao CAE 112 Galicia.
Modalidade: presencial.
Horas lectivas: 30.
Prazas: 25 por edición.
Obxectivos: formarse no manexo de ferramentas informáticas empregadas no despacho de recursos e xestión de incidencias en organismos de atención a emerxencias asociados ao CAE 112-Galicia.

Destinatarios/as e requisitos de participación.
a) Destinatarios/as: o curso vai dirixido a persoal de organismos que xa estean ou prevexan estar integrados co CAE 112 Galicia como servizo xestor asociado mediante o sistema de xestión de emerxencias Remoto EGA web, e que pertenzan a algunha das seguintes categorías profesionais:
Persoal profesional de servizos municipais de extinción de incendios e salvamento.
Persoal profesional de extinción de incendios e salvamento dos consorcios comarcais e provinciais.
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida (Grumir) e outros servizos municipais de intervención en emerxencias).
Persoal doutros organismos que non pertenzan aos enumerados anteriormente, pero que si dispoñan ou desexen dispor do sistema de xestión de emerxencias Remoto EGA web do CAE 112 Galicia.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
 
b) Requisitos de participación:

O persoal de protección civil debe ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional mediante un certificado da súa xefatura de persoal, en que se indique ademais que a persoa realiza funcións relacionadas co obxecto do curso.

O único modelo que se admite para o devandito certificado é o que aparece no anexo a este decreto e o prazo para presentalo é de cinco días hábiles contados desde a publicación da lista provisional de admitidos da correspondente edición do curso na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es
O prazo de inscrición: 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario