LOUZÁN LEMBRA QUE A XESTIÓN DA CANCEIRA SERÁ UN “PROCESO ABERTO E TRANSPARENTE” E CRITICA QUE ALGÚNS PRETENDAN QUE SE FAGA UN CONCURSO Á SÚA MEDIDA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 14 de septiembre de 2012

LOUZÁN LEMBRA QUE A XESTIÓN DA CANCEIRA SERÁ UN “PROCESO ABERTO E TRANSPARENTE” E CRITICA QUE ALGÚNS PRETENDAN QUE SE FAGA UN CONCURSO Á SÚA MEDIDA


Reitera que sería bo que “houbese interlocución” e incide na súa disposición ao diálogo

· O obxectivo é darlle solución a un problema que teñen moitos concellos poñendo en marcha un servizo o máis eficaz e mellor xestionado posible

· “Ninguén vai coaccionar a labor que debe facer unha administración”


O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, lembrou hoxe, en resposta a preguntas dos xornalistas, que a xestión da canceira provincial farase cun “plantexamento aberto e transparente”, fronte aos que reclaman “que se faga unicamente o plantexamento que eles pretenden”.

“Aquí o sorprendente é que é como se unha empresa cando sacamos unha obra a concurso quere que o prego de licitación sexa á súa medida”, asegurou, “pero en todo caso nós temos que facer un prego aberto, transparente, para que poidan participar as protectoras e todo o mundo”.

Louzán reiterou que o obxectivo da Deputación é poñer en marcha un servizo da forma máis eficaz e coa mellor xestión posible, para darlle solución “a un problema que teñen os concellos” e que lles supón “gastar un diñeiral” para resolvelo.

Ante esta situación, o presidente da Deputación dixo que só “hai dúas posibilidades: non facer nada, ter unha canceira que está construída con fondos da mancomunidade do Salnés e fondos da Xunta de Galicia, pero non facer nada e mirar para outro lado; ou facer un proceso aberto para que todo o mundo se poida presentar” e que se poña en marcha unha instalación que nestes momentos non se está a utilizar.

A opción da Administración provincial é traballar para ofrecer este servizo ao que máis da metade dos concellos da provincia xa pediron a súa adhesión e que lle vai supoñer un aforro do 30%.

Interlocución e non coacción

Louzán fixo fincapé na súa vontade de diálogo, e incidiu en que xa recibiu aos membros da protectora que impulsa as protestas nunha ocasión e que está “disposto a escoitalos todas as veces que faga falta”. Recalcou, non entanto, que “ninguén vai coaccionar” para que renuncie “á labor que debe facer a administración” e que neste caso consiste en “poñer en marcha un servizo que imos xestionar ben”.

Asegurou que “os veciños queren solucións, non polémicas” e concluíu que “o que interesa agora mesmo é que esa canceira que está pechada, totalmente rematada, se poña en marcha e se lle dea a oportunidade a todos, incluídas as protectoras, para que poidan participar neste concurso e que quen a xestione a xestione o mellor posible”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario