PARA VER A NOTICIA DE CANAL RIAS BAIXAS E TVG PINCHA NAS IMAXES:
Víronse implicados tres vehículos, aínda que foron dous os que colisionaron. Como resultado da colisión un dos condutores perdeu a vida no acto.
O falecido, un veciño de Pontevedra de 50 anos de idade, tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Salnés ó quedar atrapado no Peugeot 306 que conducía. A condutora do outro vehículo implicado, un Ford Mondeo, resultou ferida leve e foi trasladada ó hospital Domínguez de Pontevedra.
O punto concreto da colisión atópase xusto ó pasar as casas, á saída dunha curva, aínda que polo de agora descoñécense as causas do accidente, iso si, os veciños desconfían que a chuvia podería ter influído.
Mentres se produciu o levantamento do cadáver e durante o tempo que os bombeiros tardaron en excarcerar ó condutor, a estrada permaneceu pechada.
Ata o lugar desprazáronse ademais dos Bombeiros do Salnés, Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.
miércoles, 26 de septiembre de 2012
New
VIDEONOTICIA: Excarceran a un pontevedrés que faleceu nun accidente en Barro
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Mane
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario