66 TITULADOS REALIZARÁN PRÁCTICAS EN EMPRESAS DO SALNÉS E CALDAS, NO MARCO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN, QUE OFERTA MÁIS DE 400 PRAZAS NA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 30 de junio de 2014

66 TITULADOS REALIZARÁN PRÁCTICAS EN EMPRESAS DO SALNÉS E CALDAS, NO MARCO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN, QUE OFERTA MÁIS DE 400 PRAZAS NA PROVINCIA



A Deputación publica hoxe a lista de empresas admitidas no Plan de Práctica Laboral, así como o perfil dos bolseiros demandados

·       Na semana do 7 de xullo abrirase o prazo para a solicitude de bolsas en 111 especialidades
·       A licenciatura de Dirección e Administración de Empresas e os ciclos superiores de Administración e Finanzas e o de Xestión Comercial e Marketing son as titulacións máis demandadas
·       27 empresas solicitan bolseiros con amplos coñecementos de inglés, que terán que pasar unha proba específica de idiomas
Das máis de 400 bolsas que oferta a Deputación Provincial de Pontevedra no marco do seu II Plan de Práctica Laboral no sector privado, 66 corresponden a empresas das comarcas de Caldas e Salnés.
Así se desprende do listado de empresas admitidas e excluídas deste plan que hoxe publica a web da Deputación e das declaracións realizadas esta mañá polo presidente da institución, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Dos 66 mozos e mozas titulados universitarios e de formación profesional que terán a súa primeira oportunidade laboral nas comarcas de Caldas e O Salnés, 48 realizarán as prácticas en empresas dos concellos de Cambados,Vilagarcía de Arousa, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, A Illa e Vilanova de Arousa e os 18 restantes en empresas de Caldas de Reis, Valga, Pontecesures Moraña e Catoira.
O maior número de empresas seleccionadas nas dúas comarcas corresponden aos concellos de Vilagarcía de Arousa, con 18 empresas, e Caldas de Reis, con 10.
En Cambados realizarán prácticas 8 bolseiros, en 7 empresas, dado que unha delas (Caneda y Chamosa Asesores S.C.) recibirá dous titulados. Catro titulados traballarán noutras tantas empresas de Sanxenxo; 3 en Vilanova; 5 en 4 empresas de Meaño; 5 en Meis; e 3 en Ribadumia.
Na comarca de Caldas, ademais dos que desenvolverán o seu labor na capital comarcal, 3 traballarán noutras tantas empresas de Pontecesures e outras tantas en Valgañ.
Os 4 restantes traballarán en cadansúa empresa de O Grove, A Illa de Arousa, Catoira e Moraña
Convocatoria na semana do 7 de xullo
En total son 111 as especialidades para as que se ofertan bolsas, destinadas a mozos e mozas sen experiencia laboral previa que terán oportunidade de solicitalas a partir da semana do 7 de xullo, cando está previsto que se publique a convocatoria no BOP.
Do listado de empresas admitidas e excluídas, que xa está colgado na páxina web www.depo.es/plan-de-practica-laboral-empresas-2014/empresas, despréndese que o perfil máis demandado polas empresas é o de licenciados ou graos en Administración e Dirección de Empresas (con 45 solicitudes), seguido dos ciclos superiores de Administración e Finanzas (39) e Xestión Comercial e Marketing (17).
Séguenlle as enxeñerías ou graos en Informática, no que se ofertarán 12 prazas, as mesmas que en Publicidade e Relacións Públicas. 11 bolsas ofertaranse para diplomados en Relacións Laborais ou en relacións Laborais e Recursos Humanos, e para o grao en Enxeñaría de Edificación ou Arquitectura Técnica.
8 empresas demandan arquitectos e 7 titulados de ciclo cuperior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e en Programación da Produción en Fabricación Mecánica ou en Produción por Mecanizado.
370 empresas seleccionadas
Das preto de 1.000 empresas que se presentaron para optar ao plan, foron seleccionadas 370, que recibirán 1, 2 ou 3 bolseiros en función do proxecto presentado.
Neste sentido, Rafael Louzán subliñou que, ante o récord de solicitudes recibido, priorizouse a “aquelas empresas con solvencia, con características determinadas que todos podemos coñecer que teñen garantía de futuro e estabilidade” de forma que os bolseiros poidan continuar nelas unha vez rematada a bolsa.
Das 370 seleccionadas, 284 son empresas que non participaron ou non foron beneficiarias do plan do ano anterior; 74 son empresas beneficiarias dun ou máis bolseiros do Plan de práctica laboral do ano 2013/2014 que contan cunha valoración positiva por parte da Comisión de Seguimento e 6  son colexios, cámaras, federacións, asociacións, fundacións ou similares que non contaron con bolseiros no anterior plan.
Proba específica de Inglés
27 das máis de 400 bolsas que se convocarán no marco deste Plan de Práctica Laboral incluirán unha proba específica de inglés, dado que as empresas demandan titulados que, ademais dos estudos requiridos, posúan dominio do inglés.
Tamén se realizará unha convocatoria separada das 4 prazas de ciclo superior en Dirección de Cociña que quedaron vacantes na primeira convocatoria para empresas do sector turístico. Neste caso, os titulados que desexen beneficiarse destas bolsas terán un prazo menos para presentar as súas solicitudes, dado que o obxectivo é que comecen as súas prácticas en empresas a mediados ou finais de xullo, coincidindo así coa tempada de máis actividade no sector no que van desenvolver a súa actividade profesional.
Os demais aspirantes disporán de practicamente todo o mes de xullo para realizar as súas solicitudes, de forma que o proceso de selección poida facerse en agosto e a bolsa comece a funcionar en setembro.
 
RAZÓN SOCIAL
TITULACIÓN ASIGNADA
CONCELLO
Nº DE BOLSAS
ACADEMIA ALPHA ENGLISH S.L.
LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA/GRAO EN LINGUA E LITERATURA INGLESAS
CAMBADOS
1
AFLAC, SL
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CALDAS DE REIS
1
AFYT ASESORES SL
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
ALFONSO MARTÍN MOURELOS RODIÑO (AMR COMUNICACIÓN)
CICLO SUPERIOR EN DESEÑO E PRODUCIÓN EDITORIAL
O GROVE
1
ALICIA BALBOA CHAN (TIENDA REINA DE CORAZONES)
CICLO SUPERIOR EN MÁRKETING E PUBLICIDADE
SANXENXO
1
ARRULLOS DEL AGUA, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR
VILAGARCIA DE AROUSA
1
ASEMEGA S.L.
ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE XESTIÓN
CALDAS DE REIS
1
ASESORES DE GALICIA, S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
ATTIS BODEGAS E VIÑEDOS, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
MEAÑO
1
AUTOSISAN S.L.
CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVEMEMTO DE APLICACIÓNS WEB
RIBADUMIA
1
BEATRIZ ROMERO ALEGRET  (COMERCIO DE CALZADO)
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
VILAGARCIA DE AROUSA
1
BIOSALNES SLU
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
VALGA
1
BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS CON INGLÉS
CAMBADOS
1
BODEGAS LAGAR DE PINTOS S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
RIBADUMIA
1
CANEDA Y CHAMOSA ASESORES, S.C.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CAMBADOS
2
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
CARLOS E. DUYMOVICH BALEISIS (CLINICA DENTAL)
LICENCIATURA/GRAO EN ODONTOLOXÍA
MEAÑO
2
CICLO SUPERIOR EN HIXIENE BUCODENTAL
CISTERCIENSES MONASTERIO SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA
LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA
MEIS
1
CLARA GONZÁLEZ BARREIRO- CLÍNICA DE FISIOTERAPIA FISIOSALNÉS
DIPLOMATURA/GRAO EN FISIOTERAPIA
MEIS
1
CONSERVAS FRISCOS,S.A.
ENXEÑERÍA INDUSTRIAL ORIENTACIÓN EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL/GRAO EN ENXEÑERÍA EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL
CATOIRA
1
CONSTRUCCIONES ABAL S.A.
GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA


MEIS
1
DOS ESPACIOS INTERNET CONSULTING, S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO
VILAGARCIA DE AROUSA
1
EL BAÚL DE MIS RECUERDOS SC
GRAO EN DESEÑO TÉXTIL E MODA
CALDAS DE REIS
1
ENOTURISMO ACHA, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
ESCUELA INFANTIL DE VILAGARCÍA S.L
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
VILAGARCIA DE AROUSA
1
ESMULI PRO RENT S.L.
CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS
CALDAS DE REIS
1
FORVI SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CAMBADOS
1
GALIGES ASESORES SC
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
CALDAS DE REIS
1
GRUPO INFORMÁTICO DE GALICIA S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CAMBADOS
1
IBERICA DE ESPONJAS VEGETALES, S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
CALDAS DE REIS
1
ISAURA FERNANDEZ CALVO (PANADERÍA PANELA)
CICLO SUPERIOR EN DIRECIÓN DE COCIÑA
PONTECESURES
1
JOSÉ LORENZO GOLDAR (TALLER MECANICO "EL CUBANO")
CICLO SUPERIOR EN PROGRAMACIÓN DAS PRODUCIÓN EN FABRICACIÓN MECÁNICA/CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN POR MECANIZADO
VILAGARCIA DE AROUSA
1
KAEME CONSULTORIA Y PREVENCIÓN, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
MAGNA GESTIO SL
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTECESURES
1
MAR FASHION SL
CICLO SUPERIOR EN MÁRKETING E PUBLICIDADE
PONTECESURES
1
MARIA ROSA BAULDE ACHA (ZAPATERÍAS 100PIES)
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
VILANOVA DE AROUSA
1
MARTA DIZ PIÑEIRO (ACADEMOS.SERVIZOS EDUCATIVOS)
LICENCIATURA/GRAO EN FÍSICA
MEIS
1
MARTA GARCÍA LAGO (AGENCIA PUBLICIDAD KLIP)
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
VILAGARCIA DE AROUSA
1
MONTAJES Y PROMOCIONES COYBA,SL
LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA
MEAÑO
1
MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L.
ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
NUÑEZ TOUCEDA ELENA MARIA (CENTRO DE REHABILITACIÓN)
DIPLOMATURA/GRAO EN FISIOTERAPIA
CALDAS DE REIS
1
OFICINA TÉCNICA ARTEC, S.L.P.
CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
SANXENXO
1
PALOMA REY FERNÁNDEZ-LATORRE- (PAZO DE RUBIANES)
CICLO SUPERIOR EN PAISAXISMO E MEDIO NATURAL
VILAGARCIA DE AROUSA
1
PEQUERRULOS SL
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
SANXENXO
1
PIÑEIRO FRANCO, LIDIA MARÍA (SALÓN DE BELLEZA)
CICLO SUPERIOR EN ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR
RIBADUMIA
1


POMPAS FÚNEBRES DE AROSA S.L.

CICLO SUPERIOR EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA
VILAGARCIA DE AROUSA
1
PUBLIMIX SL
LICENCIATURA/GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
REPRESENTACIONES LITO S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CALDAS DE REIS
1
SERGIO OTERO NIETO (ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
VILANOVA DE AROUSA
1
SERVINAUTA SANXENXO,S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
SANXENXO
1
SERVIZOS AGRARIOS MARTIN CODAX
ENXEÑERÍA TÉCNICA AGRÍCOLA ESPECIALIDADE EN INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS
CAMBADOS
1
SUAREZ E LORENZO ASESORES, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
CALDAS DE REIS
1
TALLERES ODL DE CARPINTERÍA METÁLICA, S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
VALGA
1
AGARIMO NENOS, SL
CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
VILANOVA DE AROUSA
1
ASESORES TÉCNICOS MERCANTILES SL
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
VILAGARCIA DE AROUSA
1
BODEGAS MARTÍN CÓDAX SAU
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS CON INGLÉS
CAMBADOS
1
CELTIC ESTORES, S.L.
CICLO SUPERIOR EN PROGRAMACIÓN DAS PRODUCIÓN EN FABRICACIÓN MECÁNICA/CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN POR MECANIZADO
MORAÑA
1
CENTRO DEPORTIVO LA CONDESA
LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE
VILAGARCIA DE AROUSA
1
HECTOR BERMUDEZ TOUCEDA (RADIO VALGA)
LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO
VALGA
1
IMPEX EUROPA, S.L
LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA
VILAGARCIA DE AROUSA
1


MAR DE FRADES, SLU

CICLO SUPERIOR EN VITIVINICULTURA
MEIS
1
MP CARREGAL, S.L.
CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVEMEMTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
MEAÑO
1
PIRAGÜILLA SC
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA
ILLA DE AROUSA, A
1
PREVENCION Y PLANIFICACION SL
GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA
CALDAS DE REIS
1
FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA
DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL
VILAGARCIA DE AROUSA
1

No hay comentarios:

Publicar un comentario