O prazo de solicitude remataba onte e os concellos xa demandaron o persoal que precisan
A DEPUTACIÓN APROBA AS
SUBVENCIÓNS SOLICITADAS POLOS CONCELLOS PARA A CONTRATACIÓN DE DESEMPREGADOS
·
Os concellos da
comarca de Pontevedra recibirán 330.000 euros para a contratación de 71
traballadores
·
61 desempregados
poderán traballar en concellos da comarca de Caldas, que recibirá 221.639 euros
A Xunta
de Goberno da Deputación aprobou, na súa xuntanza de onte, a concesión de subvencións
aos concellos para que poidan contratar persoal para o mantemento de bens e
servizos municipais.
Os
concellos, que tiñan ata onte para presentar a proposta de número e
perfil dos operarios que precisan, presentaron xa as súas solicitudes co que
foi posible aprobar xa a concesión das subvencións, que lles permitirá axilizar
ao máximo a selección e contratación dos traballadores, que comezarán a
traballar o vindeiro un de xullo.
A
Deputación destina un total de 3,2 millóns de euros a esta finalidade, co
obxectivo de permitir a contratación dunhas 800 persoas que nestes momentos
carecen de prestación e que se atopan en situacións especialmente difíciles.
De
feito, os concellos, que realizarán as contratacións a través do Servizo
Público de Emprego, terán que dar preferencia aos aspirantes que carezan de
ingresos, teñan as rendas máis baixas e teñan cargas familiares.
Esta
iniciativa da Deputación ten dous obxectivos fundamentais: garantirlle aos
concellos recursos humanos para atender necesidades básicas como mantemento de
infraestruturas, limpeza viaria ou de espazos públicos, e realización de pequenas
obras, entre outras tarefas que os concellos consideren necesarias; e, por
outra banda, contribuír a paliar o
principal problema da provincia, que é o desemprego, empezando por darlle unha
oportunidade aos que máis o precisan.
O
plan da Deputación beneficiará a todos os concellos da provincia de menos de 50.000
habitantes, que contarán con entre 6 e 20 operarios en función da poboación.
Comarca de Pontevedra
Na
comarca de Pontevedra serán 71 as persoas contratadas no marco desta iniciativa
da Deputación de Pontevedra e na de Caldas poderán traballar outros 61
desempregados, cun investimento total que supera os 550.000 euros
Así, os
concellos de A Lama, Barro e Cotobade, poderán contratar a 8 persoas cada un,
cunha achega de 33.455,04 euros por concello, mentres que Campo Lameiro (con
menos de 2.000 habitantes) recibirá 25.091,28 euros para contratar a 6 persoas.
Pola
súa banda, os concellos de Vilaboa e Ponte Caldelas poderán contratar a 12
operarios e percibirán 50.182,56 euros cada un para poder facelo.
Finalmente,
o concello de Poio recibirá unha achega de 71.091,96 euros para a contratación
de 17 operarios.
Comarca de Caldas
No
caso da comarca de Caldas, é a capital comarcal a que máis operarios
contratará, cun total de 17.
A
Deputación destinará 71.091,96 euros a este concello para sufragar os custes
salariais dos traballadores, que contarán cun contrato de seis meses con 25
horas semanais de traballo.
Catoira,
Cuntis, Portas e Moraña contarán con 8 operarios cada un, a razón de 33.455,04
euros por concello.
Finalmente,
Valga, con 12 operarios, percibirá 50.182,56 euros.
En
canto ao perfil dos traballadores solicitado é, maioritariamente, o de operario
de servizos múltiples para conservación de parques e xardíns, tarefas de
limpeza e varrido de espazos públicos, traballos forestais, mantemento de
edificios públicos e pequenas obras de reparación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario