A DEPUTACIÓN, EN COLABORACIÓN COA UNIÓN DE CONSUMIDORES, PON EN MARCHA XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE O MERCADO ELÉCTRICO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 12 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN, EN COLABORACIÓN COA UNIÓN DE CONSUMIDORES, PON EN MARCHA XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE O MERCADO ELÉCTRICO



Desenvolveranse nunha vintena de concellos da provincia
·       O obxectivo é orientar e asesorar aos consumidores nun asunto que está a xerar enormes dúbidas
·       Abordaranse cuestións como as opcións á hora de contratar a electricidade; os sistemas de facturación e as tarifas, ou cuestións a ter en conta para aforrar na factura
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, pon en marcha un ciclo de xornadas informativas sobre o mercado eléctrico actual, baixo o título Electricidade, un camiño cara o aforro.
O obxectivo é dar resposta á evidente necesidade de informar, asesorar e aclarar dúbidas a uns consumidores que nestes momentos se senten desorientados ante os cambios normativos no mercado eléctrico.
Estas xornadas pretenden responder a esta necesidade e seguirán un formato similar ao que no seu día se estableceu para informar sobre o conflito das preferentes. Organizaranse xornadas abertas a todos os cidadáns interesados nunha vintena de concellos da provincia, onde técnicos especialistas da Unión de Consumidores abordarán temas como as opcións existentes á hora de contratar a electricidade; os sistemas de facturación e as diferentes tarifas e prezos aos que se pode acceder ou cuestións que o usuario deberá ter en conta para aforrar na factura, ademais de atender as consultas e dúbidas que expoñan os asistentes ás xornadas.
Nestas sesións poderase obter información sobre os diferentes conceptos polos que se paga nunha factura de electricidade; as diferenzas entre o mercado libre e o mercado regulado e como saber cal convén máis e, incluso, a cal se está acollido na actualidade; así como criterios elixir o contrato, a tarifa ou a potencia que mellor se adapte á situación de cada consumidor e, en consecuencia, lle resulte máis económica.
Son cuestións todas elas que están causando un considerable desconcerto entre a sociedade e ás que a Deputación de Pontevedra, no seu compromiso de busca de solucións para os cidadáns, decidiu tratar de dar resposta por medio da estreita colaboración que mantén coa Unión de Consumidores de Galicia.
As primeiras sesións, en Baiona, Caldas e Cangas
A primeira das xornadas desenvolverase esta mesma tarde en Baiona, ás 19,30 h. no Centro Multiusos Ángel Bedriñana.
A ela seguiralle outra sesión informativa tamén ás 19,30 horas en Caldas (o xoves 12, no Auditorio municipal) e, ás 18,30 horas, en Cangas, o venres 13 de xuño, no salón de Plenos do Concello.
O luns terá lugar cadansúa charla en Cuntis (na Casa de Cultura Roberto Blanco) e en Mos (no Multiusos As Pozas, en Petelos). Nos dous casos serán ás 19,30 horas.
As xornadas informativas, que son de entrada libre e gratuíta, desenvolveranse ata finais do mes de xuño nunha vintena de concellos da provincia, co obxectivo de achegar a información a todos os interesados.
Así, ademais das antes citadas, xa están pechadas as charlas nos seguintes concellos:
CHARLAS INFORMATIVAS
Concello
Día
Lugar
BAIONA
11 DE JUNIO (19,30 H)
CENTRO MULTIUSOS ÁNGEL BEDRIÑANA
CALDAS
12 DE JUNIO (19,30 H)
AUDITORIO MUNICIPAL
MOS
16 DE JUNIO (19,30 H)
MULTIUSOS AS POZAS EN PETELOS
CANGAS
13 DE JUNIO (18,30 H)
SALÓN DE PLENOS DEL CONCELLO
CUNTIS
16 DE JUNIO (19,30 H)
CASA DE CULTURA ROBERTO BLANCO
CAMBADOS
17 DE JUNIO (19,30 H)
EXPOSALNÉS
PONTE CALDELAS
18 DE JUNIO (19,30 H)
CENTRO CULTURAL PONTE CALDELAS
A CAÑIZA
27 DE JUNIO (19,30 H)
SALÓN DE PLENOS DEL CONCELLO
VILAGARCÍA
20 DE JUNIO (19,30 H)
AUDITORIO  MUNICIPAL (SEMINARIO)
A ESTRADA
19 DE JUNIO (19,30 H)
MUSEO DO MOME (AVDA. BENITO VIGO, 92)
GONDOMAR
26 DE JUNIO (19,30 H)
CENTRO NEURAL
RIBADUMIA
27 DE JUNIO (20,00 H)
CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA
SANXENXO
19 DE JUNIO (19,30 H)
USOS MÚLTIPLES DE PORTONOVO
MARÍN
26 DE JUNIO (19,30 H)
BIBLIOTECA MUNICIPAL
LALÍN
30 DE JUNIO (19,30 H)
MUSEO MUNICIPAL
TUI
18 DE JUNIO (19,30 H)
SALA FÉLIX RODRÍGUEZ DEL EDIFICIO ÁREA PANORÁMICA
PONTEAREAS
30 DE JUNIO (20,30 H)
AUDITORIO SALA MULTIUSOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario