A XUNTA REÚNESE CON RESPONSABLES MUNICIPAIS DE PONTEVEDRA PARA ACLARAR AS DÚBIDAS SOBRE AS AUTORIZACIÓNS DE VERBENAS E FESTAS POPULARES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 21 de junio de 2014

A XUNTA REÚNESE CON RESPONSABLES MUNICIPAIS DE PONTEVEDRA PARA ACLARAR AS DÚBIDAS SOBRE AS AUTORIZACIÓNS DE VERBENAS E FESTAS POPULARES




§      Os directores xerais de Administración Local e Interior, José Alberto Pazos Couñago e Santiago Villanueva, acudiron esta mañá á delegación pontevedresa da Xunta
§      Tratase da primeira xuntanza dunha rolda de contactos que se celebrarán esta semana nas catro provincias galegas para aclarar dúbidas e responder preguntas
§      O que se se pide é garantir que o escenario ou estrutura móbil reúna as condicións de seguridade para o desenvolvemento da actividade que se pretenda realizar
§      Ademais de cumprir ca lexislación vixente, tanto Xunta coma Fegamp buscan a procura da máxima seguridade para os cidadáns da nosa comunidade

O director de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con alcaldes e representantes dos concellos de Pontevedra para solucionar as dúbidas xurdidas sobre as autorizacións municipais para verbenas e festas populares.

A reunión tivo lugar na Delegación da Xunta en Pontevedra e contou coa presenza do delegado, José Manuel Cores Tourís. Tratase da primeira xuntanza dunha rolda de contactos que se celebrarán esta semana nas catro provincias galegas co fin de poder explicar a nova normativa e responder persoalmente ás preguntas do persoal municipal presente. 

No caso das verbenas e festas populares, a exixencia de licenza municipal xa viña establecida no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, e o que se se pide é garantir que o escenario ou estrutura móbil reúna as condicións de seguridade para o desenvolvemento da actividade que se pretende realizar, consonte sempre a normativa aplicable. A nova norma plasma os requisitos que xa eran necesarios como consecuencia da aplicación da normativa que lle é propia.

As entidades locais son as competentes para outorgar as licencias en materia de verbenas e festas populares, no caso de que estas sexan necesarias.  As verbenas e festas populares sen  instalación ou escenarios móbiles, non precisarán de licenza municipal, resultando suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao Concello.

Nos casos en que sexa necesaria a licenza municipal porque se vaia a utilizar un escenario ou estrutura móbil, é necesario  presentar un proxecto técnico que aporte o seguro de responsabilidade civil, información sobre o tipo de espectáculo, previsión aproximada de asistencia de público e horario da actuación, un  Boletín eléctrico da instalación (asinado por un técnico competente), e a declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo acreditativo do estado de idoneidade do mesmo (asinado tamén por técnico competente).

Ademais, cumprindo ca lexislación vixente e en aras da máxima seguridade para os cidadáns, o Plan de autoprotección será esixible nos casos seguintes en espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas, ou cunha altura de evacuación igual ou superior a 28 m; en instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforo igual ou superior a 2.500 persoas; e ao aire libre, en xeral, aquelas cunha capacidade igual ou superior a 20.000 persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario